Aproximación á Filosofía
Curso de Filosofía- Grupo I, días 9 e 23 de outubro
Curso de Filosofía- Grupo II, días 16 e 30 de outubro

Curso de Filosofía- Grupo I, días 9 e 23 de outubro
Curso de Filosofía- Grupo II, días 16 e 30 de outubro
Este obradoiro desenvólvese en sesión semanais dunha hora e media todos os sábados do curso escolar. Ensínase, aproveitando os recursos existentes na biblioteca, e dun xeito práctico, as formas de expresión e as técnicas de traballo que implica a publicación dun cómic.
Dirixida a nenos e nenas, a partir dos 10 anos.
Sesión baseada en Halloween. Cubrirase o vocabulario da celebración (bruxa, morcego, cabaza...), así como o dos disfraces. Para iso lerase un conto, que os nenos e nenas intentarán teatralizar, realizarase un crebacabezas con disfraces, debuxarase un monstro e farase algún mini xogo de adiviñanzas para reforzar o vocabulario.
Internet é unha ferramenta máis. Boa ou mala, iso depende do seu uso. Para os pais, a mellor maneira de controlar o que os fillos fan na web é darlles pautas e opcións útiles e atractivas, coas que non só ocupan o tempo de uso informático, senón que reforzan e axudan a ampliar os seus coñecementos.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.
Os participantes fan marcapáxinas personalizados na primeira sesión e portakleenex na segunda. A cargo de Elena Portomeñe, participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Actividade dirixida a rapaces de 8 a 12 anos. Precísase inscrición previa, máximo 8 nenos e nenas. Prégase presentarse 10 minutos antes do inicio.
Taller que amosa a ciencia desde un punto de vista lúdico e educativo. Abórdanse distintas disciplinas científicas. Para isto, tratan sobre ciencia e criminoloxía, astronomía, maxia ou química, o cerebro, forzas e enerxía, electricidade ou cine...
Forma parte da campaña Ler conta moito, que desenvolve actividades de dinamización lectora en bibliotecas públicas galegas.
Coñecer as técnicas e recursos creativos do humor gráfico actual e practicar coa divertida técnica da colaxe. Non se precisa saber debuxar, só ter un chisco de enxeño.
Esta actividade forma parte da programación Ler conta moito, que realiza actividades de dinamización lectora nas diversas bibliotecas públicas.
Neste obradoiro coñeceranse as orixes da banda deseñada, e analizaranse detidamente os diferentes códigos que a caracterizan: dende as viñetas, globos, cartuchos, e demais elementos básicos, pasando por outros non tan evidentes, como as elipses narrativas, os raccords, os saltos de páxina, a montaxe das planas, ata chegar a recursos compartidos co cine, como os planos, os movementos de cámara, as secuencias, a cadencia narrativa, etc. Traballarase igualmente a creación de personaxes dende o punto de vista físico e psicolóxico, e analizaranse algúns exemplos de obras.
"Un debuxo fóra da marxe, un poema sen rimas". Isto é para Julio Cortázar os cronopios, personaxes dunha serie de contos do libro Historias de Cronopios e de Famas publicado en 1962. Co obxectivo de achegarnos un pouco máis á figura dun dos referentes das letras hispanoamericanas e darlle renda solta á imaxinación, a través deste obradoiro de cabezudos, os máis pequenos dan vida a estes seres imaxinarios a través do seu propio 'cronopio-cabezudo' con cartón e papel.
Neste 2014 cúmprense cen anos do nacemento e 30 da morte de Julio Cortázar. Dramaturgo, ensaista, poeta, novelista e mestre do relato curto, Cortázar é una figura destacada na literatura universal. A Biblioteca de Galicia quere achegarlle a súa figura aos máis pequenos e pequenas, a través deste obradoiro de Sombras chinesas, no que realizan un teatro propio. Nel levan a cabo os famosos "cronopios" e "famas", seguindo a imaxinación dos participantes.