Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A bica que rica!

Cal pensades que é a nosa sobremesa máis tradicional? Non vos preocupedes, que xa volo dicimos nós: a bica.

Coñecemos moitas variedades deste biscoito segundo a zona de Galicia, pero hai algo que nunca cambia: a súa textura suave e ese arrecendo inconfundible a canela que nos abre a fame só de pensalo.

Galego

Unha banda deseñada chispeante!

Deseñamos a nosa propia personaxe a través do xogo e do humor, e facémola protagonista dunha mini banda deseñada que crearemos no obradoiro utilizando ideas aleatorias que estimulen a nosa imaxinación e enxeño.
Imparte a ilustradora Sandra Lodi, autora da novela gráfica Adelina, XIX Premio Castelao de banda deseñada 2024

IDADE: DE 7 A 12 ANOS

Galego

A vida nun lapis

Este ano 2026, o Día da Ilustración celebra a creatividade e o humor de Siro López, un dos caricaturistas máis recoñecidos da nosa Comunidade. Para festexar a súa obra, a cativada poderá participar neste obradoiro no que collerán lapis e cores, deixarán voar a imaxinación e descubrirán que debuxar tamén pode ser un xogo cheo de diversión.

Galego

Contamos con sombras

Proposta de obradoiro educativo pensado para promover e dinamizar a lectura e a imaxinación achegando os nenos a arte do teatro de sombra.
A partir da lectura dun conto, aprenderemos a construír diferentes monicreques(ou siluetas) de sombras (planos, articulados, coloreados).

Galego

Ourense e a auga

No obradoiro "Ourense e a auga" situaremos no mapa as termas que salpican a nosa provincia (Bande, Lobios e moitas máis) e entenderemos por que este territorio leva milenios fervendo baixo os nosos pés.

Actividade aberta a todos os públicos

Horario: 10:30h - 11:20h
Lugar: Porta do Xurés, Concello de Muíños
 

Galego

Libretas Motivacionais

Obradoiro de creación de cadernos personalizados onde os pequenos conocerán e crearán palabras, frases e mensaxes motivadoras tanto da literatura infantil e xuvenil coma propias. O obxectivo é aprender a expresar sentimentos, reforzar autoestima e cultivar o pensamento positivo. 

Galego

Obradoiro de Samaín

O mundo vólvese terroríficamente divertido na biblioteca!

Antes de que caia a noite e as bruxas e as pantasmas invadan a biblioteca, os nenos e as nenas poderán participar neste obradoiro creativo de Samaín, creando un espazo de creatividade, onde poñer en práctica as súa imaxinación dando forma a diferentes propostas, todas elas monstruosamente divertidas.

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

Duración: 60 minutos

15 prazas

Galego

Otero Pedrayo: A linguaxe da paisaxe

Mapas, memoria e paisaxe: traballaremos en Sandiás co legado de Otero Pedrayo sobre a Lagoa de Antela.

Un obradoiro para descubrir a paisaxe da Lagoa de Antela a través da mirada do escritor ourensán, coa arquitecta Mar Penela López, especializada en educación e transformación de espazos educativos.

As persoas participantes traballarán co mapa didáctico do Proxecto Terra, unha iniciativa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que promove o coñecemento e a reflexión sobre esta paisaxe singular da comarca da Limia.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro