Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Letras do pasado

Neste obradoiro " Letras do pasado" xogaremos cos segredos das letras exipcias e aprenderemos a escribir como un faraón.

Historia viva nas vosas mans. 

Taller para nenas e nenos de + de 6 anos, cunha duración de 2 horas (de 11.30h a 14.30h)

Inscricións a partir do venres 27 de marzo ás 9.00h ben presencialmente o chamando aos números de teléfono  988 788 385/ 386

Galego

Versos e lúas

O obradoiro-presentación Versos e Luas propón unha experiencia participativa arredor da poesía e da creación artística.

A actividade combina a presentación do poemario coas dinámicas creativas, convidando ao público a experimentar a poesía desde a emoción, a palabra e a imaxe.

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 min. aprox.

Horario: 11:00h

Espazo: Casa da Cultura do Concello de Sandiás

Galego

Creación de cómic

Celebramos o Día do Cómic con esta actividade. É posible crear un cómic nun día? Sempre que coñezas as técnicas necesarias, si. Neste obradoiro faremos primeiro un pequeno percorrido histórico para comprender a importancia do cómic no mundo da arte e da cultura. A continuación, aprenderemos as bases para crear un cómic, desde a xestación das primeiras ideas, pasando polos bosquexos, o deseño de personaxes e as súas expresións, a composición de escenas, ata a creación dunha portada rechamante.

Galego

Poetizando a vida

Hoxe, no Día da Poesía , teremos este obradoiro para festaxar este día tan fermoso a cargo de Sabela Gago. 

É unha actividade pensada para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

As prazas son limitadas e as inscricións poderán facerse a partir do venres 13 de marzo ás 9.00h, chamando aos números de teléfono 988 788 385 / 386 ou ben presencialmente.

Galego

Obradorido de Banda deseñada

En que consiste e que o diferencia duns cantos debuxos soltos? Durante a hora e media que dura o obradoiro veremos algúns dos elementos e recursos máis característicos da banda deseñada. Viñetas, globos, liñas cinéticas, personaxes e BOOOOOM!, onomatopeias. Pero sobre todo poñeranse en práctica creando unha pequena banda deseñada.

CONMEMORAMOS O DÍA DA BANDA DESEÑADA QUE É O 17 DE MARZO

Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas)

Duración: 90 minutos

Hora: 12:00 h.

Ludoteca

Galego

Electrónica en papel

Seguimos cos nosos obradoiros científicos da man de vermislab, esta vez "Electrónica en papel" 

É unha actividade pensada para nenas e nenos de 7 a 12 anos. Comezará ás 11.30h .

As prazas son limitadas e as inscricións poderán facerse a partir do venres 27 de febreiro ás 9.00h, chamando aos números de teléfono 988 788 385 / 386 ou ben presencialmente.

Galego

Creación de historias con estampacións impartido por Anias

As personaxes elaboradas con sinxelas técnicas de ilustración serán protagonistas das historias que creen os participantes.

-Idade: de 4 a 8 anos.

-Tres quendas (escoller 1):

  • Luns 30 de marzo:, 11.00-13.00 h.
  • Martes: 31 de marzo, 11.00-13.00 h.
  • Mércores 1 de abril:, 11.00-13.00 h.

-Inscrición: dende o martes 17 de marzo na biblioteca ou chamando ao teléfono 886 120 445.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro