Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Xogando coas letras - mércores 21

Ler non só é pasar páxinas: é entender, lembrar e explicar o que se le.

Seguimos co obradoiro de comprensión lectora para nenas e nenos de 3º e 4º de primaria para o primeiro trimestre do ano.

A partir do venres 2 de xaneiro podedes facer a inscrición para o mes de xaneiro (os mércores 14, 21 e 17)  nos teléfonos 988 788385 / 386 ou ben presencialmente.

Galego

Xogando coas letras - mércores 14

Ler non só é pasar páxinas: é entender, lembrar e explicar o que se le.

Seguimos co obradoiro de comprensión lectora para nenas e nenos de 3º e 4º de primaria para o primeiro trimestre do ano.

A partir do venres 2 de xaneiro podedes facer a inscrición para o mes de xaneiro (os mércores 14, 21 e 17)  nos teléfonos 988 788385 / 386 ou ben presencialmente.

Galego

A física da luz

Nos nosos sábados okupados na biblio, hoxe temos un obradoiro consistirá na realización de experimentos relacionados coa luz.

Farase un proxecto de creación de hologramas e explicarase como funciona a refracción da luz en diferentes materiais.

Actividade para nenas e nenos de + de 6 anos.

Para asistir a ela é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 9 de xaneiro ben presencialmente ou  chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

Galego

Rachando gaiolas

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.

Neste obradoiro co que celebramos o Día da Ilustración, Xosé Tomás amosará aos nenos e nenas algunhas das técnicas e pasos principais do proceso crativo arredor do álbum ilustrado. 

Público infantil de 8 a 12 anos

Lugar: Espazo de obradoiros

15 plazas

Galego

Desenvolvemento da creatividade a través do debuxo

Superar o medo á folla en branco é posible. Neste taller aprenderemos técnicas infalibles para desbloquear o pensamento creativo, desde as máis populares ata outras metodoloxías innovadoras. O obxectivo? Que en apenas hora e media te convertas nunha fonte inesgotable de recursos para crear conceptos, debuxos e personaxes fóra do común.

Data e hora: venres 23 de xaneiro ás 17.30 h.

Público destinatario: infantil, de 8 a 12 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 14 de xaneiro ás 09.00 h.

Galego

Arpilleras: creación de ilustracións con tecido e fío

Obradoiro de confección de ilustracións con tecidos compostos coma se fose un collage para crear unha escena.

Técnica xurdida en Chile durante a ditadura militar e as pezas resultantes se chaman arpilleras.

Estas obras eran realizadas por grupos de mulleres que plasmaban no seu traballo, a modo de comunicación e denuncia, sobre temáticas sociais durante a ditadura.

Esta forma de expresión estendeuse a outros países de América Latina como Perú, Ecuador ou Colombia.

Galego

Obradoiro de ilustración científica

Co gallo da celebración do Día da Ilustración, celébrase un obradoiro no que se ofrecerá unha introdución teórico-práctica á ilustración científica aplicada ao estudo e divulgación do medio mariño, centrado en especies costeiras e oceánicas. Aprenderás a observar a morfoloxía dos organismos mariños e a representalos mediante técnicas tradicionais: grafito, lapis de cores e acuarela.

Combinaremos ciencia e arte para contribuír á comprensión e a conservación da biodiversidade mariña.

Galego

Os xoguetes de antes

O Museo Etnolóxico organiza dous obradoiros para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, para fomentar a creatividade mentres se xoga con materiais. As propostas son as seguintes:

- O 23 de decembro: Unha oliña para agasallar. Un obradoiro de cerámica, elaborando e decorando unha pequena vasilla.

- O 30 de decembro:Tecidos de Nadal. Un obradoiro de teares, creando decoración navideña empregando la como material.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro