Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Danzas do mundo

Todos os públicos
Prazas limitadas - Necesaria inscrición previa

As danzas tradicionais son unha das formas de arte máis antigas e forman parte dos bens culturais da humanidade. Nesta sesión práctica de iniciación a ritmos e danzas de diferentes culturas, Pilar Conde, da escola Danzalia Mundi, convidanos a descubrir o estimulante que pode ser esta actividade colaborativa, compartindo e gozando xuntos.

 

Galego

Repostaría do Camiño de Santiago

Adultos
Prazas limitadas - Necesaria inscrición previa

A autora do libro Postres del Camino, proponnos unha viaxe polo Camiño a través da súa repostería tradicional, onde se mestura historia, simboloxía e gastronomía con degustacións guiadas, que farán desta unha actividade sensorial e interactiva. O Camiño visto como cruce de culturas… e sabores.

Para dúbidas e preguntas relacionadas coas actividades e inscrición: difusion.mdperegrinacions@xunta.gal ou 881 867 322 (de luns a venres de 9 a 14.00 h.)

Galego

Día do Museo 2025. Celebración do décimo aniversario do museo

Adultos
Prazas limitadas - Necesaria inscrición previa

A artesá Cristina Molares, de Vidrieras Artísticas CosMo, desenvolverá un obradoiro de demostración no que irá explicando as técnicas empregadas e desenrolando os distintos procesos a seguir para a elaboración dunha vidreira. Ao final da sesión, entre os inscritos presentes, sortearase a vidreira realizada no taller.

 

Galego

Contos en "figuras de luz"

A rapazada deseñará  figuras decorativas con luz sobre distintas superficies, aprendendo a contar a súa historia con varias tecnoloxías (leds e electroluminiscencia principalmente) e no futuro poderán deseñar os seus propios traxes intelixentes (wereables) con sensores de luces.

Data e hora: venres 28 de novembro  ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, de 9 a 14 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 19 de novembro ás 9.00 h.

Galego

Olimpada tecnolóxica Autos tolos

Os nenos e nenas participantes nestas olimpiada deseñarán un coche con pezas de lego, motor incluído, para logo facer carreiras e programalo. Con esa actividade foméntase a creatividade xa que non se  esquecen de porlle adornos aos vehículos con bandeiras e bonecos.

Data e hora: venres 21 de novembro ás 18.00 h.

Público destinatario: 9 a 14 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 12 de novembro ás 9.00 h.

Galego

A muller na ciencia

Coñecer referentes femininos na ciencia é un paso clave para fomentar o interese polas STEM nos máis pequenos.

Neste obradoiro...

  • Coñeceremos 3 mulleres moi relevantes dentro do campo da física.
  • Levaremos a cabo 3 pequenos experimentos para poder entender mellor o mundo que nos rodea.
  • Espertaremos a curiosidade dos máis pequenos. 

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 90 minutos

Horario: 10:00-11:30 horas

Espazo: CEIP Valle-Inclán, Mugueimes (Muíños)

    Galego

    Obradoiro de Primeiros Auxilios para Mini Socorristas

    Obxectivo: fomentar a responsabilidade, a empatía e a seguridade desde temperá idade, ensinando a nenos e nenas como actuar en situacións de emerxencia.

    A través de actividades dinámicas e adaptadas á súa idade, os participantes vivirán unha experiencia formativa na que aprenderán os fundamentos dos primeiros auxilios, incluíndo como pedir axuda, que facer ante determinadas situacións, manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP),…

    Galego

    Palitroques

    Palitroques é un taller de arquitectura e xeometría aplicada, desenvolvido a partir dun recurso didáctico que se basea nun sistema construtivo de barras e unións para a montaxe de figuras e estruturas.

    Xorde da necesidade de levar ás práctica materias tan teóricas e abstractas como a xeometría, as matemáticas e a física. Este recurso didáctico, desenvolvido a partir da arquitectura, axudaranos a comprender de forma fácil e entretida os fundamentos destas materias.

    Galego

    Explora a ciencia

    Obradoiro que promove a cultura científica a través de experimentos dinámicos e demostracións interactivas.

    Busca estimular a curiosidade e o pensamento crítico, presentando a ciencia como unha ferramenta fundamental para comprender o noso entorno dun xeito divertido.

    Unha viaxe para mentes curiosas e corazóns curiosos.

    Para nenos/as de 6 a 12 anos.

    Duración: 60 minutos

    Duas quendas: (15 prazas por quenda)

    Galego

    As preguntas que fan ciencia

    Rematamos a celebración do mes da ciencia en galego nas bibliotecas con este obradoiro de Sabela Gago onde nos achegaremos a ela, a través dos libros e a lectura.

     

    Hai prazas limitadas polo que é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 14 de novembro ben presencialmente ou ben chamando aos números de teléfono : 988 788385 / 386

     

    Galego

    Páxinas

    Subscribirse a RSS - Obradoiro