Construción e programación de robots
PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIOS PECHADOS.
O obxectivo da actividade é familiarizar aos participantes coas disciplinas STEAM, en concreto coa robótica, na resolución de problemas e na execución de proxectos para nenas e nenos entre 6 e 12 anos, fomentando así o gusto e a curiosidade pola ciencia e a tecnoloxía.
A actividade consistirá en construír e programar por bloques un robot, empregándose unha metodoloxía activa na que os/as participantes resolverán un reto empregando o material facilitado.
Público infantil de 6 a 12 anos

