Coas mans na masa
Texto de presentación da actividade
Un quilo de fariña, unha presada de sal, un chorro de pintura e unha historia son os ingredientes necesarios para realizar “Coas mans na masa”. Baseándonos no álbum “Maruxa”, coñeceremos todos os segredos para preparar un bo pan. Pero nesta ocasión a masa que prepararemos non será para ir ao forno, servirá para dar forma aos personaxes e crear novas escenas do conto.
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil (de 5 a 12 anos)
Duración
90 minutos