Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro de bordado fotográfico en papel

Celebramos o Día da edición, que conmemora o aniversario do nacemento de Ánxel Casal, con este obradoiro da man de Lúa Mosquetera, creadora dun clube de bordado na Coruña e doutro en Compostela dende o ano 2016. 

O bordado fotográfico axúdanos a reformular o pasado e xogar co presente. Neste obradoiro aprenderemos distintas puntadas de bordado sobre papel fotográfico e  veremos as posibilidades creativas dos retratos e as paisaxes.
Non fai falla ningunha experiencia previa e todos os materiais están incluidos! 

Galego

Ex libris: estampa os teus libros

Celebramos o Día da Edición - 17 de decembro - co obradoiro “Ex libris: estampa os teus libros” da man de Árbore azul.

Crearemos os nosos ex libris para marcar os nosos libros. Con gubias e pranchas de vinilo elaboraremos un ex libris irrepetible a partir de modelos ou deixando voar a nosa imaxinación.

Dirixido a persoas a partir de 16 anos de idade. Hai 20 prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Imaxina o teu Nadal

A Biblioteca abre as súas portas ao Nadal creando un espazo de creatividade onde os participantes poderán deseñar e desenvolver a súa imaxinación mediante o emprego de diferentes técnicas artísticas e materiais, dando forma a unha proposta pensada para esta época do ano.

Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas)

Duración 60 minutos.

Ludoteca

Inscrición previa o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

Galego

Escribir un podcast como unha novela

Este obradoiro consiste nunha clase mestra de 2 horas máis a participación das persoas asistentes a través das súas preguntas e intervencións.
A tese do obradoiro é que para escribir unha novela e un guión de podcast hai que manexar os mesmos elementos narrativos, máis aló das características propias de cada soporte. Estes elementos agrúpanse en 5 eixes: o estilo, o punto de vista, a estrutura, os personaxes e a trama. E ao longo do obradoiro iremos desgranando as similitudes e diferencias entre a escritura dunha novela e un guión de podcast eixe por eixe.

Galego

Obradoiro de monicreques de culler de pau

Partindo dunha culler de pau, as nenas e nenos elaborarán varios modelos das personaxes fundamentais do Nadal, Apalpadores e Apalpadoras. Empregando las, teas, feltros, limpa pipas, apliques e cintas cada participante personalizará as súas figuras. 

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Hai 12 prazas.

Na sala infantil da biblioteca.

As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 min antes do comezo da actividade. 

Galego

Obradoiro de calcetíns de Nadal e saquiños de tea

Obradoiro no que as pequenas e pequenos farán deseños personalizados de modelos diferentes de calcetíns de Nadal (de feltro vermello ou arpilleira) ou de saquiños de tea de arpilleira e poderán decoralos con rotuladores téxtiles, feltros, apliques, cascabeis e cintas, quedando modelos moi diferentes e orixinais segundo o gusto de cada un.  

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Hai 12 prazas.

Na sala infantil da biblioteca.

As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 min antes do comezo da actividade. 

Galego

Obradoiro de adornos de Nadal

Neste obradoiro, cada participante fará bolas con bastidores de madeira para a árbore de Nadal. Haberá diferentes modelos de bolas para que cada quen faga o seu deseño máis persoal, coas súas iniciais, da súa familia, deseños con apliques, botóns, cintas, lazos e formas. 

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Hai 12 prazas.

Na sala infantil da biblioteca.

As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 min antes do comezo da actividade. 

Galego

O téxtil na antigüidade

Ábrese o prazo de inscrición deste novo obradoiro en Viladonga, nesta ocasión para coñecer un pouco máis do tecido na antigüidade.

Haberá dúas quendas, unha pola mañá, de 10:00 h. a 14:00 h. e outra pola tarde de 16:00 h. a  20:00 h, a cargo de Miriam Fernández.

A inscrición pódese facer no teléfono 982 87 01 60

Galego

Cestería de colmo

O obradoiro consiste en facer un cesto de colmo. Dirixido pola artesá Lola Tourón, os/as participantes recollerán a silva na contorna do castro para despois cestear co como e a silva. É unha técnica moi lenta por iso se necesitan dous días...

DATAS: sábado e domingo días 15 e 16 de novembro de 2025

HORA: sábado e domingo: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 h

Inscrición: Chamando ao teléfono 982 870 160

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro