Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Nadalemoji

E para comezar o Nadal e as vacacións divertíndose, nada mellor que pasar pola Biblioteca e participar neste obradoiro onde aprenderedes a facer cousiñas moi chulas para estas datas.

Data e hora: venres 19 de decembro ás 18.00 h. (1.30 minutos de duración)

Público destinatario: infantil de 6 a 9 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores, dia 10, ás 9.00 h.

Galego

Expresa neón

Nesta actividade desfrutaremos dunha experiencia inmersiva que involucra a todos os nosos sentidos, xerando unha conexión emocional e cognitiva que acende a imaxinación. 

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 120 minutos

Horario: 11:00-13:00 horas

Espazo: Casa do Concello de Porqueira 

Galego

Obradoiro de xogos de mesa

Nenos e nenas aprenderán, guiados polas persoas expertas da xogueteira Brazolinda, como empregar diferentes xogos de mesa.

Unha actividade coa que a Rede de dinamización lingüística apoia os xogueteiros e xogueteiras que desenvolven xogos na nosa lingua, e anima os pequenos e pequenas a empregar o galego no seu tempo de lecer e a seus pais e nais a transmitírllelo compartindo con eles espazos de lecer na lingua propia de Galicia.

Galego

Maker maxia

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.

Maker Maxia combina maxia, creatividade e filosofía maker para crear trucos únicos, transformando ideas en realidade con enxeño e imaxinación. 

Galego

Monicreque Real e felicitación virtual: Melchor, Gaspar ou Baltasar

Achegaremos os personaxes dos Reis Magos e escolleremos o noso rei favorito. Falarase da tradición de Reis e a súa pegada no Nadal galego. Farase un traballo creativo de estimulación da imaxinación individual. Cada participante deseñará os rasgos que definen ao personaxe segundo o seu parecer. Cos monicreques xa construídos farase unha pequena felicitación audiovisual.Diversión, aprendizaxe e socialización a través da arte!

Alguén da Máis?

Data e hora: 29 e 30 de decembro ás 11.00 h (duas horas de duración)

Público destinatario: infantil, de 7 a 12 anos.

Galego

O Apalpador, monicreque de Nadal

 Construiremos un monicreque de man ou luva como ferramenta de promoción desta figura do Nadal galego. Farase un traballo creativo de estimulación da imaxinación individual. Cada participante deseñará os rasgos que definen ao personaxe segundo o seu parecer. Cos monicreques xa construídos farase unha pequena felicitación audiovisual.Diversión, aprendizaxe e socialización a través da arte!

Alguén dá máis?

Data e hora: 22 e 23 de decembro ás 11.00 h. (duas horas de duración)

Público destinatario: infantil de 7 a 12 anos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro