Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día da diversidade cultural

O Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial é un lugar cargado de memoria e simbolismo que nos invita a reflexionar sobre as migracións, os encontros entre culturas e a riqueza da diversidade.

A través de debuxos, collages e creacións artísticas, cada persoa poderá expresar a súa identidade e compartir elementos representativos da súa terra de orixe.

Anímate a participar deste fermoso espazo de creación e celebración da diversidade cultural. Agardámoste!

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Horario: 17:00h - 18:00h

Galego

Xogando coas Letras

Obradoiro para pechar o mes das letras galegas con Sabela Gago. 

Actividade para nenas e nenos de 7 anos en diante. 

Para asistir a ela é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 22 de maio ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

 

Galego

Obradoiro de ciencia: coello bots

Este sábado volven os obradoiros de ciencia á Nós, propoñémosvos unha aventura chea de diversión, aprendizaxe e conciencia ambiental. E ademais, aprenderedes conceptos fascinantes de ciencia e tecnoloxía mentres vos divirtides creando un robot sustentable.

Actividade para nenas e nenos de 7 anos en diante. 

As prazas son limitadas polo que é necesario facer a inscrición previa dende o venres 8 de maio ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono 988 788 385/386.

 

Galego

A acción conta

Neste obradoiro búscase achegar aos máis pequenos ás matemáticas a través dunha actividade de contaconto e obradoiro baseadas nun album ilustrado.

O álbum narra a historia dunha nena que descobre que a súa paixón polos contos e a lectura outórgalle habilidades matemáticas sorprendentes. A narrativa busca desdramatizar situacións cotiás onde as matemáticas están presentes e fomentar unha relación positiva coa disciplina.

Ao fin as e os participantes recibirán de agasallo un exemplar do mesmo.

Galego

Obradoiro de escrita con Alba Guzmán

Gústache imaxinar, crear historias ou xogar coas palabras?

Con esta actividade, dirixida pola autora, poderás aprender a potenciar a túa creatividade e a escribir microrrelatos de forma divertida e dinámica.

Anímate a participar!

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 min.

Horario: 15:00h - 16:00h

Espazo: CPI Padrenda Crespos (San Roque de Crespos, Padrenda)

Galego

Obradoiro Zentagle

O Método Zentangle é un método de debuxo abstracto, meditativo mediante trazos e patróns repetitivos que permiten chegar a un estado de alta concentración e relaxación dando lugar á creación de imaxes sorprendentes.

En Zentangle non hai goma de borrar, porque o erro non existe.

Aprenderán a perder o medo ao fracaso, a reducir o estres, mellorar a concentración e fortalecer a súa paciencia.

Non é necesario ter ningunha habilidade previa. Só ganas de divertirse e pasalo ben.

Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas)

Duración: 60 minutos

Galego

Obradoiro de cerámica castrexa

Un ano máis, o Museo do Castro de Viladonga acolle un obradoiro de cerámica castrexa. Un obradoiro dirixido ao público adulto con ganas de aprender a facer cerámica ao xeito dos habitantes dos castros, coa técnica do rolo. Faise todo o proceso de elaboración, polo que tras o aprendizaxe, o deseño e a feitura do 2 de maio (en dúas quendas), farase tamén a cocción en forno aberto o 30 de maio.

Na inscrición terán preferencia as persoas que non se apuntaran en edicións anteriores. Esta inscrición é telefónica, no 982 870 160.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro