Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Redes de Mallo

A través do caderno de Bueu e a serie "La religión del trabajo“ da artista galega Maruja Mallo, obteranse os coñecementos básicos con perspectiva de xénero sobre a obra e a figura de Maruja Mallo e sobre a vida mariñeira que recolleu no caderno de apuntes do ano 1936; as redes, os oficios e as cuestións sociais que se xeran ao redor do traballo no mar.

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Con inscrición previa e gratuíta, en museo.masso@xunta.gal ou no teléfono 886 151 101 

 

Galego

Con A de astrónomAs

Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Está pensado para nenas e nenos dende seis anos de idade.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 101 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Galego

Que quero facer de maior?

Actividade educativa para reforzar novos modelos de masculinidade e feminidade, desbaratando os roles machistas que identifican as profesións e os oficios cun xénero determinado. Trabállanse contidos presentes nas exposicións, seleccionando obxectos das distintas ocupacións, e xogos de recortables coa indumentaria representativa das mesmas. 

Para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Inscrición previa e gratuíta, en museo.masso@xunta.gal ou no teléfono 886 151 101

 

Galego

Obradoiros de creatividade - Pinceladas de fantasía

O último obradoiro de creatividade do mes de xullo esta adicado a ilustración, Iago García será o encargado do taller "Pinceladas de fantasía". 

Actividade para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Duración aproximada de 1 hora.

As prazas son limitadas polo que é necesario facer a inscrición previa chamando aos números de teléfono 988 788 385 / 386 ou ben presencialmente dende o venres anterior á actividade.

Galego

EmbarrArte - Obradoiro de cerámica - 28 de xullo

Todos os martes dos meses de xullo e agosto contaremos cun obradoiro de cerámica onde a cerámica é moito máis que crear pezas, é unha forma divertida de aprender, imaxinar e expresarse..

Actividade para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Duración aproximada entre 1/ 1.30 h

Hai prazas limitadas polo que é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior a actividade nos números de teléfono: 988 788385 / 386 ou ben presencialmente.

Galego

EmbarrArte - Obradoiro de cerámica - martes 21 de xullo

Todos os martes dos meses de xullo e agosto contaremos cun obradoiro de cerámica onde a cerámica é moito máis que crear pezas, é unha forma divertida de apredenr, imaxinar e expresarse.

Actividade para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Duración aproximada entre 1/ 1.30 h

Hai prazas limitadas polo que é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior a actividade nos números de teléfono: 988 788385 / 386 ou ben presencialmente.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro