Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Atando cabos. Nós mariñeiros

Atando cabos. Nós mariñeiros (a partir de 8 anos) é un obradoiro práctico de aprendizaxe de nós mariñeiros básicos. Explicarase a súa orixe e aplicación e, despois, cada persoa participante elaborará un chaveiro cun tipo de nó mariñeiro.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 101 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Consulta máis en https://museomasso.xunta.gal/gl

Galego

Os tesouros do galeón afundido

Os tesouros do galeón afundido (5 a 9 anos) é unha actividade lúdica desenvolvida dende a liña do descubrimento e o xogo para coñecer en que consiste o traballo da arqueoloxía subacuática, dende a exploración dos fondos mariños ata a interpretación dos depósitos arqueolóxicos e a formulación de hipóteses.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 101 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Consulta máis en https://museomasso.xunta.gal/gl

Galego

Contamos Historias en Viñetas

Durante catro días converterémonos en auténticos autores de cómics. Inventaremos personaxes sorprendentes, aprenderemos os segredos da banda deseñada e experimentaremos con diferentes técnicas de debuxo, expresión, composición de viñetas e creación de bocadillos e onomatopeas. Con moita imaxinación e creatividade, cada participante dará vida ao seu propio cómic, demostrando que as mellores aventuras nacen dunha boa idea.

 

Data e hora: do 1 ao 4 de setembro de 10:30h a 12:00h

Público destinatario: Infantil de 8 a 12 anos

 

Galego

O caracol das palabras con Bea Iglesias

O último dos obradoiros creativos de agosto será un espazo participativo para descubir o narrador que todas e todos levamos dentro. A través de xogos, improvisación, expresión corporal, voz, silencios, emocións, ilustracións e monicreques, este obradoiro convida a explorar a maxia dos contos e o poder da imaxinación. 

Actividade para nenas e nenos de 6 a 12 anos. 

Duración aproximada de 1.30 h.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro