Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Luminarias

No obradoiro exploramos a arte de crear con papel. A través de técnicas das luminarias, descubrimos xuntos como este material sinxelo convértese nunha ponte cara á imaxinación.

É unha invitación para aprender e divertirnos, experimentando coas mans e as ideas. O papel transfórmase en esceario, en personaxes, en historias que viaxan e compártense coa luz.

Galego

A fábrica de títeres

Nos nosos sábados okupados na biblio temos hoxe un obradoiro especial con Tarabelos para rematar de festexar o "Día do Libro".

Atividade para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

Para asistir a ela é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 17 de abril ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

Galego

A arte nos libros - Obradoiro

Neste mes do "Día do libro" contaremos cun obradoiro en torno a eles, os libros. 

Actividade para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

Para asistir a ela é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 10 de abril ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

Galego

Booktrailer (Cancelado)

Neste obradoiro creativo, os participantes converteranse en auténticos promotores de lectura. En pequenos grupos, escollerán un libro infantil da biblioteca e prepararán unha breve representación teatral para espertar o interese doutros lectores. Terán que presentar os personaxes, o conflito principal e rematar cunha frase intrigante.

Unha actividade dinámica que combina lectura, expresión oral e creatividade.

Data e hora: venres 17 de abril ás 18.00 h

Público destinatario: infantil, de 8 a 12 anos

Galego

Pintar sen pinturas

Neste obradoiro crearemos pinturas con elementos naturais para pintar un cadro sen usar a tintas industriais de sempre. 

Taller para nenas e nenos de + de 6 anos con 2 horas de duración ( de 11.30h a 13.30h).

As inscricións poden facerse a partir do venres 27 de marzo ás 09.00h ben presencialmente ou ben chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386

Galego

1ª caderno de campo

Neste obradoiro crearemos un diario de campo artesanal para que nunca esquezas as aventuras que te esperan.

Taller para nenas e nenos de + de 6 anos con 2 horas de duración ( de 11.30 a 13.30h)

As inscricións poden facerse a partir do venres 27 de marzo ás 09.00h ben presencialmente o ben chamando aos números de teléfono 988 788385 / 386.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro