Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

EmbarrArte - Obradoiro de cerámica - 11 de agosto

Todos os martes de agosto contaremos cun obradoiro de cerámica onde a cerámica é moito máis que crear pezas, é unha forma divertida de aprender, imaxinar e expresarse..

Actividade para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Duración aproximada entre 1/ 1.30 h

Hai prazas limitadas polo que é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior a actividade nos números de teléfono: 988 788385 / 386 ou ben presencialmente.

Galego

EmbarrArte - Obradoiro de cerámica - 4 de agosto

Todos os martes de agosto contaremos cun obradoiro de cerámica onde a cerámica é moito máis que crear pezas, é unha forma divertida de aprender, imaxinar e expresarse..

Actividade para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Duración aproximada entre 1/ 1.30 h

Hai prazas limitadas polo que é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior a actividade nos números de teléfono: 988 788385 / 386 ou ben presencialmente.

Galego

Redes de Mallo

A través do caderno de Bueu e a serie "La religión del trabajo“ da artista galega Maruja Mallo, obteranse os coñecementos básicos con perspectiva de xénero sobre a obra e a figura de Maruja Mallo e sobre a vida mariñeira que recolleu no caderno de apuntes do ano 1936; as redes, os oficios e as cuestións sociais que se xeran ao redor do traballo no mar.

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Con inscrición previa e gratuíta, en museo.masso@xunta.gal ou no teléfono 886 151 101 

 

Galego

Con outras palabras: achégate á tradución

Celebramos o Día da Tradución cunha actividade moi especial! A literatura ilustrada presenta un reto engadido: a imaxe condiciona a tradución final. A través duna práctica sinxela, mergullarémonos no mundo da tradución para descubrir as dificultades e as marabillas deste oficio.

No salón de actos. Para 15 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro