Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Textos e pretextos

A Biblioteca e Arquivo de Galicia pon en marcha o concurso Textos e pretextos, unha batalla literaria entre dous equipos para saber quen é o que mellor comprende as páxinas dun libro.

Tras formar dous grupos, ambos os dous lerán o mesmo libro e farán cada un unha batería de preguntas que deberán propor cada grupo ao outro. O moderador pode intervir con preguntas propias a cada un dos equipos e guialos no modo de proceder: o porqué dalgunhas preguntas, conclusión ás que chegaron, pareceres, alternativas…

Galego

A emoción da cor

Explicar aos nenos a renovación artística que supuxo o fauvismo dando prioridade á cor nas súas obras, supoñendo unha revolución no concepto da pintura.

Neste obradoiro, proxectaranse as preciosas obras deste grupo de orixinais artistas, a través de explicacións divertidas das súas paisaxes, retratos e bodegóns. Deste xeito, axudaralles a comprender un dos movementos máis rompedores das vangardas do século XX

Galego

Obradoiro de contos creativos

Os contos constitúen unha ferramenta esencial nas fases do proceso creativo infantil podendo traballar con eles a fantasía, a imaxinación e a expresión.

Neste obradoiro de verán trabállase o proceso creativo das nenas e nenos utilizando os contos como estratexia para desenvolver a fluidez, flexibilidade, orixinalidade e elaboración no grupo, iniciándoos nas etapas polas que debe pasar todo traballo creativo.

Para nenos e nenas de 4 a 7 anos.

Os martes 4, 11, 18 e 25 de agosto de 11:00 a 12:30 h.

Galego

O lapis máxico

Taller no que nenos/as e mozos toman contacto con todos os aspectos dunha representación teatral, a modo de laboratorio de creación de propostas escénicas.

O taller está dirixido á mocidade e a nenos e nenas desde os 6 anos.

Ten unha duración de 480 minutos en 8 sesións. 

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro