Obradoiro de ilustración
Un paseo polos álbums ilustrados, polo seu proceso de creación, e as súas partes. Unha experiencia creativa a partir das palabras, para convertelas en ilustracións.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

