Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día da Ilustración - Coñécete a través dos cadriños

Obradoiro creativo de ilustración e banda deseñada. Crear personaxes baseados na contorna dos participantes; inventar guións sobre a vida dos asistentes para que vivan a súa propia historia entre cadriños.

Xornada lúdica na que os rapaces aprenden recursos de expresión da novena arte.

Xosé Tomas esenvolve a súa actividade fundamentalmente no eido da ilustración e do humor gráfico. É membro da AGPI, Asociación Galega de Profesionais da  Ilustración 

Destinatarios: nenos de 6  12 anos

Galego

Actividades e obradoiros para familias no Museo de Arte Contemporánea de Vigo

No primeiro semestre do ano, o Departamento de Didáctica do MARCO continúa coa súa programación dirixida a escolares e público familiar. As visitas e obradoiros, especialmente deseñados e adaptados a distintas idades, axúdanlles aos cativos a achegarse ás obras dos artistas participantes nas exposicións temporais.

Sábados e domingos de 12.00 a 14 horas. 
 

Galego

Día da Ilustración - Xogando coa arte

O 30 de xaneiro é o Día da Ilustración. Foi creado en 2014 pola Xunta de Galicia para potenciar este sector e situalo no lugar que lle corresponde. Esta efeméride coincide co aniversario do nacemento de Castelao, gran debuxante ademais de político, escritor, pintor e médico. A Rede Galega de Bibliotecas Públicas conmemorará por tanto este día con diversas ctividades para a infancia e xuventude.

Galego

Sons de película

Como soa unha refrega de película? Bang!, Ouch!, Kapow!, Uggh! e un montón de sons máis que acompañan á música, aos diálogos, ao son ambiente… Para todos e todas aqueles que lles gustaría aprender a captalos, mesturalos e facelos teñen unha oportundidade de cine a través destes obradoiros, no que se dan a coñecer os diferentes procesos de son que se levan a cabo nunha produción audiovisual: desde a rodaxe, á montaxe, edición e mestura final.  E todo dunha forma moi divertida a través de fragmentos de películas de ficción e animación galegas que logo os participantes xogan a reproducir.

Galego

Día da Ilustración - Xogando con Paul Klee

Neste obradoiro práctico, con motivo do Día da Ilustración o 30 de xaneiro, realizarase un mural recreando un cadro de Paul Klee (1879-1940) o pintor alemán nacido en Suiza, tamén poeta e músico, cuxas especialidades eran a luz e a cor. Esta actividade é a cargo de Elena Portomeñe e Pablo Suárez, participantes no Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, para nenas e nenos desde os 4 anos. Precísase inscrición previa, máximo 10. Prégase presentarse 10 minutos antes do comezo da actividade

Galego

O meu receitario favorito

Nesta actividad crearase un pequeno caderno para gardar e recomendar as nosas receitas favoritas.

Obradoiro a cargo de Elena Portomeñe, participante no Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, para nenas e nenos de 6 a 12 anos, máximo 8 participantes. Precísase inscrición previa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro