Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro de monicreques de papel

Cada neno/a fai unha marioneta aplicando os principios da papiroflexia. Reparando en que o papel é a materia prima dos libros. Reflexionando sobre a importancia das bibliotecas como depositarias da riqueza dos libros e como espazo de uso comunitario da cultura.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Monicreques nas mans

Pintar na man personaxes imaxinados, darlles vida coa manipulación e a voz a eses monicreques. Xogar a contar pequenas historias inventadas polos participantes.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

 

Galego

Un día no circo

Desenvolvemento: O obradoiro desenvolverase durante 2 ou 3 horas. Impartiránse tres disciplinas principais: acrobacia, malabares e clown, cun máximo de 12 alumnos por disciplina. Cada grupo de alumnos, irá rotando por cada unha das disciplinas para que así todos podan iniciarse nas mesmas.
Obxetivos:
- Dar a coñecer entre os máis cativos esta nova arte en Galicia.
- Mellorar as habilidades psicomotrices do neno.
- Mellorar a súa relación física tanto con eles mesmos coma cos seus compañeiros.

Galego

Circo en familia

Circo en Familia é un programa de obradoiros para aprender malabares, clown, acrobacias, cunha particularidade: van destinados tanto para nenos e nenas como para os seus pais e nais. Trátase de estimular a curiosidade por aprender e as ganas de xogar dos rapaces, ademais de fomentar que os pais e as nais compartan actividades cos seus fillos nun ambiente lúdico.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro