Obradoiro de fabricación de monicreques de tea
Os participantes traballan no deseño e elaboración de monicreques de luva e variña.
Actividade dirixida a persoas maiores de 14 anos. Precísase inscrición previa, máximo 10 persoas.

Os participantes traballan no deseño e elaboración de monicreques de luva e variña.
Actividade dirixida a persoas maiores de 14 anos. Precísase inscrición previa, máximo 10 persoas.
Este obradoiro céntrase nas partes e obxectos da casa, e nel traballaranse tamén as preposicións de lugar. Para desenvolver os contidos empregaránse xogos variados con tarxetas, pósters e peluches
A viaxe pola Imprenta proposta pola Biblioteca de Galicia remata cun obradoiro de estampanción creativa no que os participantes utilizarán elementos cotiáns para crear tipos e selos para logo utilizar diferentes técnicas de estampación coas que crear orixinais obras.
+ info: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/imprenta-estampacion-creativa
Tras aprender a confeccionar o papel e coñecer de primeira man que son as letras capiturales, A Imprenta achéganos ao proceso de encadernación. Cunha técnica de cosido sinxelo, os participantes neste obradoiro aprenderán a facer encadernacións con tapas incluídas que adornarán ata onde lles permita a imaxinación.
+ info: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/imprenta-obradoiro-de-encadern...
No marco da viaxe polo mundo da Imprenta que está a realizar a Biblioteca de Galicia, o obradoiro Letras capitulares pretende achegarlle aos nenos e nenas que son estas figuras, convidándoos a crear os seus propios deseños para logo adornalos con pinturas de cores e témperas.
A Biblioteca de Galicia pon en marcha catro obradoiros sobre A Imprenta, nos que os participantes poderán coñecer o proceso de elaboración de libros no século XV, ver o paso da escritura manuscrita á imprenta e utilizar diversas técnicas creativas así como dar renda á creatividade persoal.
Elaboración de papel e impresión será o primeiro obradoiro, no que os participantes elaborarán unha pasta para realizar lenzos de papel reciclado. Ademais, faremos impresión de debuxos e figuras nunha base de linóleo cunha prensa.
Obradoiro de maxia, a cargo de Leo Leíño. É necesario que cada rapaz traia a súa baralla de póker.
Neste obradoiro, os nenos e nenas aprenden os seus primeiros trucos de ilusionismo e fans unha historia máxica coa nosa baralla de póker.
A cargo de María Elena Portomeñe, participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, para nenos e nenas de 7 a 12 anos. Obradoiro de manualidades onde se levan a cabo broches coa estampa de Rosalía para celebrar o seu aniversario.
Precísase inscrición previa. Máximo 8 participantes. Prégase presentarse 10 minutos antes do inicio da actividade.
A cargo de María Elena Portomeñe, participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, esta actividade está dirixida a nenas e nenos de 5 a 12 anos.
Os participantes fan bandeirolas coas palabras escollidas o día 21 na caixa de correos, para despois expoñelas na Sala Infantil.
Precísase inscrición previa, máximo 8 persoas.
Prégase presentarse dez minutos antes do inicio da actividade.
Partindo da lectura do poema 'Adiós ríos, adiós fontes', realizar entre os participantes un mural conxunto no que se traducirán as palabras de Rosalía en imaxes recompoñendo o poema con imaxes.
Obradoiro dirixido no que se darán pautas para interpretar o imaxinario en papel.
Na sala multiusos, para nenos e nenas de 4 a 12 anos. 20 prazas. É preciso apuntarse. Escola Lucense de Tempo Libre