Arte nos libros! Leonardo da Vinci, Velázquez, Van Gogh, Picasso, Luís Seoane
Leonardo da Vinci e os seus inventos; Velázquez o pintor do rei; Van Gogh o pintor tolo pola cor; Picasso e a xeometría; Luís Seoane: liñas, cores e contos; Mitoloxia: deuses e heroes para ler e crear. Imaxes artísticas, lecturas e pequenas actividades plásticas conforman estes divertidos obradoiros, nos que os rapaces reflexionan e dialogan a partir de imaxes artísticas e textos literarios, estimulan a creatividade e establecen conexións entre artes visuais, literatura, historia e ciencia.

