Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Xogando coas letras - mércores 29

Ler non só e pasar páxinas: é entender, lembrar e explicar o que se le.

Poñemos en marcha un obradoiro de comprensión lectora para nenas e nenos de 3º e 4º de primaria.

A partir do venres 19 de setembro podedes facer a inscrición para o mes de outubro (os mércores 8, 15, 22 e 29) no teléfono 988 788385 ou ben presencialmente.

 

Galego

Xogando a combinar as letras de BIBLIOTECA

Nesta semana na que se celebra o Día das bibliotecas nos nosos sábados okupados teremos o obradoiro de Sabela Gago "Xogando a combinar as letras de BIBLIOTECA". Nel, os participantes inventarán outras e crearán un dicionario disparatado. 

Actividade para nenas e nenos de 7 a 12 anos. Para asistir é necesario facer a inscricón previa dende o venres 17 de outubro ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386

 

Galego

Se foses escritora ...

Este mes celébrase o Día das Escritoras por iso temos este sábado a actividade: "Se foses escritora..."

Sobre que escribirás ? Cal sería o título do teu libro? Sabes buscar ao escritor dun libro na etiqueta pegada no seu lomo?

Actividade para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

Para asistir a ela é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 26 de setembro ben presencialmente o chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

 

 

Galego

Xogando coas letras - mércores 15

Ler non só e pasar páxinas: é entender, lembrar e explicar o que se le.

Poñemos en marcha un obradoiro de comprensión lectora para nenas e nenos de 3º e 4º de primaria.

A partir do venres 19 de setembro podedes facer a inscrición para o mes de outubro (os mércores 8, 15, 22 e 29) no teléfono 988 788385 ou ben presencialmente.

 

Galego

Obradoiro de Halloween

O mundo vólvese terroríficamente divertido na biblioteca!

Antes de que caia a noite e as bruxas e as pantasmas invadan a biblioteca, os nenos e as nenas poderán participar neste obradoiro creativo de Halloween, creando un espazo de creatividade, onde poñer en práctica a súa imaxinación dando forma a diferentes propostas, todas elas monstruosamente divertidas

Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas)

Duración: 60 minutos

Horario: 18:00 h.

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

 

Galego

Crea o teu propio libro ilustrado

Todos temos un libro favorito. Algunhas veces, ese libro conta con imaxes que nos axudan a visualizar mellor aos personaxes e escenarios. Pero outras veces, o libro non ten ilustracións, así que debemos usar a nosa imaxinación para crear ese mundo baseadas nas descricións do propio autor. Neste obradoiro, aprenderemos como converter esas descricións en debuxos. Usaremos  o texto orixinal para deseñar personaxes e escenarios, e logo crearemos ilustracións dos momentos clave da historia para captar atención do lector. Quen sabe?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro