Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Papalibros

 Papalibros está dotada con múltiples funcións, non só tritura, pica, moe, pulveriza, bate, raia, emulsiona, trocea e amasa palabras senón que tamén ten unha función turbo adicional para facelo todo aínda máis rápido! Ademais, é intelixente, sostible e conta con pantalla táctil.

E o mellor de todo, non necesita moita limpeza!

A partir de follas de libros vellos os e as participantes crearán  pequenas obras artísticas para completar un gran mural.

Data e hora: venres 24 de outubro ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, a partir de 4 anos.

Galego

Do orixinal á réplica

Sandra Obarrio, da fundación Terra Termarum de Castrolandín achega algunhas técnicas para facer a réplica dunha peza orixinal do Castro de Viladonga.

Terá lugar o sábado día 20, de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h

As inscricións pódense facer por teléfono no 982870160, e terán prioridade as persoas que nunca fixeran este obradoiro.

Galego

Intelixencia Artificial

A intelixencia artificial, ou IA, é como ensinar ás máquinas a “pensar un pouquiño” para axudarnos en diferentes tarefas. Non se trata de maxia nin de robots de película: a IA xa está no noso día a día, cando o móbil recoñece unha cara nunha foto, cando o GPS busca a ruta máis rápida ou cando unha aplicación nos recomenda unha canción.

Nesta actividade imos descubrir, de forma sinxela e práctica, que é a intelixencia artificial, onde a usamos sen darnos conta e como pode ser unha ferramenta útil se a sabemos aproveitar ben.

Galego

Obradoiro de colaxe para familias

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO

Neste obradoiro traballaremos a técnica do colaxe empregando cartolinas de cores nas que debuxaremos ou transferiremos motivos, formas e iconas sinxelas baseados no pictograma.

Mediante as tesoiras e o cúter (coa axuda dun adulto) xogaremos coa composición para crear novas pezas cunha estética próxima á visión da rapazada.

Público infantil de 7 a 12 anos con persoa adulta acompañante

15 prazas

Duración: 2 horas

Galego

A biblioteca ideal

 Crea un libro con nós no que te imaxines cal sería a túa biblioteca ideal. Que actividades tería? Sería unha biblioteca espacial? Ou unha biblioteca ó aire libre? Ou unha biblioteca feita de papel?

Data e hora: venres 3 de outubro ás 18.00 h

Público destinatario: infantil, de 5 a 9 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 24 de setembro

Galego

Campamento de ciencia e tecnoloxia

Nun mundo cada vez máis impulsado pola innovación, a ciencia e a tecnoloxía non só abren portas profesionais, senón que desenvolven habilidades esenciais para a vida. Aprender a investigar, resolver problemas, deseñar solucións e comprender como funciona o mundo prepara ás novas xeracións para afrontar retos reais con creatividade e pensamento crítico.

Este campamento ofrece unha contorna estimulante onde os participantes poñen en práctica estes coñecementos a través de experiencias concretas:

Galego

CARPAS KOI. Obradoiro de creación artística.

O verán é un tempo para xogar, crear e abrirse ao mundo. Por sio, para o día 5 de agosto, temos preparada unha fermosa actividade que mestura arte, reciclaxe e interculturalidade. 

As carpas, cos seus movementos suaves e cores intensas, encherán a Furgoteca de vida e simbolismo positivo, converténdose nun recordo especial para cada participante.

A través deste obradoiro, promovemos valores como o respecto pola natureza, a curiosidade por outras culturas e a liberdade creativa.

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 min.

Galego

Corseando con Bolechas

Obradoiro no que se propón un achegamento á actividade corsaria e ao seu desenvolvemento en Galicia: a diferenza coa piratería, a súa regulación, as formas de actuar e os obxectivos.

Está pensado para nenas e nenos entre catro e seis anos de idade.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 101 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Consulta máis en https://museomasso.xunta.gal/gl

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro