Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro de Banda Deseñada

Para conmemorar o Día da Banda Deseñada

Achegarémonos da man da ilustradora ás bases do cómic. Reconstrucción dunha escea, persoaxes, acción e expresión...

Cada asistente ao obradoiro creará o seu álter ego, convertindoo na persoaxe da historia.

Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas)

Duración: 60 minutos

Horario: 18:00 h.

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

Galego

As mulleres contamos a nosa historia

AS MULLERES CONTAMOS A NOSA HISTORIA é un obradoiro sobre literatura, esa ferramenta gozosa e poderosa coa que as mulleres puidemos desenvolver a nosa creatividade, expresar as nosas inquedanzas, coñecernos mellor, e deixar pegada da nosa época e dos nosos soños. Desde o comezo, a literatura non ten sido para nós só a experiencia de fabular historias, tamén a de construír(nos) e contar a nosa propia historia.

Galego

Obradoiro de máscaras de refugallo

Celebramos o Entroido cun obradoiro de máscaras de refugallo. Queres facer unha máscara para este Entroido? Neste obradoiro elaboraremos máscaras partindo de material de refugallo como cartóns, cintas, teas, las, recortes... e darémoslles un toque persoal con pinturas e apliques.

Enche de cor este Entroido con estas orixinais máscaras. Podes facelas seguindo o teu propio deseño e converterte na personaxe que elixas.

Na sala infantil. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden achegarse á biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.

Galego

Obradoiro creación de máscaras

Papel, cartón, pinturas, un pouco de imaxinación ... son os ingredientes esenciais para facer unha máscara, se a esto lle unimos un pouco de axuda sairedes do obradoiro cunhas máscaras ben bonitas.

Data e hora: venres, 28 de marzo ás 18.00 horas

Público destinatario: infantil, de 6 a 12 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores día 19 de marzo ás 09.00 h.

Galego

Obradoiro de máscaras de entroido tradicional

Cada participante vai aprender a facer unha pantalla a medida, escoller a combinación de cor máis axeitada e elaborar os adornos máis extravagantes.

Anímate a aventura de descubrir os teus talentos artísticos e pasa polo photocall para sacar unha fotografía!!!

Obradoiro para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Prazas limitadas. Inscricións dende o venres 14 de febreiro ás 9.00 h nos números de teléfono: 988 788 385 / 386.

Galego

Palabras ao aire

A lectura en voz alta é unha ferramenta fundamental no desenvolvemento educativo dos nenos e nenas, xa que non só fomenta a comprensión lectora, senón que tamén estimula a imaxinación e a creatividade.

Para iso, empregaremos como estratexia práctica o xogo dramático para poder transformar este proceso nunha experiencia de aprendizaxe lúdica e eficaz.

Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas)

Duración: 60 minutos

Horario: 18:00 h.

Salón de actos

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

Galego

Marabillas xiratorias

Neste  obradoiro os e as participantes construirán dous xoguetes ópticos cos que descubrirán a maxia da animación. O primeiro será un taumatropo de dúas imaxes, o segundo consta de seis debuxos que configuran un loop animado.

Debuxar e construir estes xoguetes propiciará a reflexión acerca do tempo, o espazo e o ritmo.

Ao rematar o obradoiro os e as participantes poderán levar para a casa os xoguetes de papel e ilusionar con eles a familiares e amigos
 

Data e hora: venres 28 de febreiro ás 18.00 h.

Galego

Obradoiro de deseño e escritura creativa

Neste obradoiro a rapazada creará unha tarxeta deseñada por eles mesmos/as para regalarlla a ese amigo/a, familiar ou persoa especial que teñan en mente. Debuxarán e pintarán a portada con deseños moi visuais e escribirán unha carta personalizada que incluirán no interior da tarxeta.

Data e hora: venres 14 de febreiro ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil,  de 8 a 12 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores día 5 de febreiro.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro