Obradoiro con Sabela Gago
Este sábado teremos un novo obradoiro cn Sabela Gago para nenas e nenos de 6 a 12 anos.
As prazas son limitadas polo que para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386

Este sábado teremos un novo obradoiro cn Sabela Gago para nenas e nenos de 6 a 12 anos.
As prazas son limitadas polo que para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386
Nesta semana de Semana Santa contaremos cuns obradoiros polas mañás para nenas e nenos de 6 a 12 anos.
Hoxe contaremos con María Lires que tráenos un obradoiro baseado na análise da expresión facial no eido do comic e da ilustración.
Estudaremos os cambios faciais e construiremos o noso "alter ego".
Se vos gusta debuxar e a ilustración, non o perdades!
Duración: 60 minutos
Para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386 dende o venres 11 de abril.
Nesta semana de Semana Santa contaremos cuns obradoiros polas mañás para nenas e nenos de 6 a 12 anos.
Hoxe, "Zentangle", o método Zentangle axuda a reducir o estrés e a mellorar a concentración.
Consiste nunha práctica de debuxo abstracto, meditativo, mediente trazos e patróns repetitivos que permiten chegar a un estado de alta concentración e relaxación e dando lugar á creación de imaxes sorprendentes.
Non é necesario ter ningunha habilidade previa. Só ganas de divertirse e pasala ben.
Nesta semana de Semana Santa contaremos cuns obradoiros polas mañás para nenas e nenos de 6 a 12 anos.
Hoxe, "Vivir nas Nubes" con Nuria González. É posible construir con aire? Pódese vivir dentro dunha nube?
Este obradoiro consisitirá na construción dun inflable pero tamén na experimentación do seu espazo interior. Aprenderemos a construír nubes a través da tecnoloxía da arquitectura inflable.
Duración: 90 minutos
Achégate ao derradeiro obradoiro extraordinario de escritura creativa do curso. Nesta ocasión imos empregar unha das estructuras narrativas máis populares para compoñer un relato entre todo o grupo: a viaxe do heroe.
Aprende un pouco máis sobre este recurso e pasa un rato divertido connosmo a tarde do 30 de abril ás 18:00h.
Inscrición previa na biblioteca, ou chamando ao 988 78 83 85 ou 988 78 83 86.
PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO
"Un esqueleto bailarín": un científico especialista no corpo humano e o seu axudante italiano. Unha clase maxistral de ósos e moita, moita loucura. Ven con nós e descúbreo.
Proposta didáctica de fusión da animación á lectura coa actividade plástica, combinando o hábito lector e a elaboración de producións artesanais a través dos libros.
A cargo de Proyecto Bululú
Público infantil de 7 a 10 anos (e as súas familias)
Lugar: Espazo de obradoiros da biblioteca
"O soño de Matías": Algunha vez pensaches que un soño podería convertirse nunha obra de arte dun museo? Descúbreo con nós e un pequeno ratiño chamado Matías.
Proposta didáctica de fusión da animación á lectura coa actividade plástica, combinando o hábito lector e a elaboración de producións artesanais a través dos libros.
A cargo de Proyecto Bululú
Público infantil de 4 a 6 anos (e as súas familias)
Lugar: Espazo de obradoiros da biblioteca
Duración: 90 minutos
20 prazas
O cómic autobiográfico é unha forma creativa de contar historias persoais a través de debuxos e palabras. É unha ferramenta para que os participantes exploren as súas emocións e experiencias cotiás de maneira visual. Nesta sesión, os participantes crearán o seu propio cómic autobiográfico en galego, o que lles permitirá reforzar o seu vínculo coa lingua de forma divertida e expresiva. A través deste proceso, non só aprenderán a comunicarse mellor, senón que tamén desenvolverán a súa creatividade e a capacidade de reflectir os seus pensamentos e sentimentos de maneira clara e accesible.
O curso céntrase nas técnicas calcográficas de punta seca e aditivas. Os alumnos iniciaranse nos procesos do gravado e na súa comprensión como medio de expresión nas súas diferentes etapas: preparación e uso adecuado dos materiais, estampaxe e reprodución exacta dun número de probas orixinais por matriz.
Destinatarios: público adulto non iniciado.
Grupo dos venres: do 28 de marzo ao 25 de abril (agás o 18 de abril), de 17:30 a 19:30 horas.
Grupo dos sábados: do 29 de marzo ao 26 de abril (agás o 19 de abril), de 11:00 a 13:00 horas.
Acompáñanos a realizar estas actividades: