Obradoiro de poesía con Rochi Novoa
Acompáñanos a realizar estas actividades:

Acompáñanos a realizar estas actividades:
Obradoiro dirixido polos ilustradores Michel Casado e Sofía Venzel para aproximarse ás dificultades coas que se atoparon as mulleres que, a comezos do pasado século, querían estudar. O suxestivo título serve para presentar as restriccións que tiveron as mulleres para o acceso aos estudos superiores, e qué tería pasado se as avoas tiveran ido ás universidades. Mediante a técnica do paste up, empregada na arte urbana, as nenas e nenos poderán imaxinar e dar forma a unha vida alternativa para elas.
Queres aprender a ser maga ou mago en só tres días? Velaquí unha ocasión perfecta! Neste obradoiro aprenderás os segredos mellor gardados dos ilusionistas e conseguirás abraiar aos teus familiares e amigos.
-Idades e horario:
-De 4 a 7 anos: de 9.30 a 11.30 h.
-De 8 a 12 anos: de 12.00 a 14.00 h.
Inscrición previa dende o 1 de abril na biblioteca ou chamando ao teléfono 886 120 445.
Queres aprender a ser maga ou mago en só tres días? Velaquí unha ocasión perfecta! Neste obradoiro aprenderás os segredos mellor gardados dos ilusionistas e conseguirás abraiar aos teus familiares e amigos.
-Idades e horario:
-De 4 a 7 anos: de 9.30 a 11.30 h.
-De 8 a 12 anos: de 12.00 a 14.00 h.
Inscrición previa dende o 1 de abril na biblioteca ou chamando ao teléfono 886 120 445.
Neste obradoiro, a rapazada poderá crear a súa funda de libro personalizada, única e orixinal. Serán eles e elas mesmas as que construirán a súa funda a partir de materiais de goma eva, pegatinas, etc.
Dia e hora: venres 4 de abril ás 18.00 h.
Público destinatario: infantil, de 8 a 11 anos
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 26 de marzo ás 9.00 h.
Con este obradoiro, a rapazada descubrirá e gozará da obra de Isaac Díaz Pardo, unha figura clave para enender as artes do noso país. Faremos deste achegamento unha experiencia lúdica, explorando algúns exempos do seu amplo legado.
Con lapis, cores, unha mesa de luz e moita imaxinación, mergullarémonos no seu universo artístico, deixando que as súas cores, as súas liñas e a súa luz nos inspiren.
A cargo de Marisa Irimia
Duración: 60 minutos
Publico infantil de 6 a 12 anos
Lugar: espazo de obradoiros da biblioteca
20 prazas
A biblioteca móbil convida a todas as mulleres que desexen participar xunto coa actriz Iria Pinheiro a descubrir novas facetas de nós mesmas, ao tempo que nos regalamos un momento de autocoidado.
En confianza, moveremos o corpo e iremos“tirando do fío” para coñecernos mellor!
Necesaria confirmación de asistencia por WhatsApp no 621 308 856 antes do 20/03/25.
Vén a facer con nós un taller de cómic moi especial!
Poderás coñecer os distintos estilos e aprender a realizar os debuxos, e recibirás valiosos consellos para crear o teu propio cómic.
Neste laboratorio todo é posible. Darémoslle renda solta a mundos imaxinarios, personaxes inventados, aventuras incríbles e moito máis.Este obradoiro de escritura divertida é un recurso con ideas que
inspirarán á rapazada para facer voar a súa imaxinación e a escribir con creatividade e de forma entretida
Data e hora: venres 11 de abril ás 18.00 h.
Público destinatario: Infantil de 8 a 11 anos.
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 2 de abril ás 09.00 h.
O día 17 de marzo celebramos o Día do Cómic con Xabier Domínguez, autor de literatura infantil e xuvenil e creador da banda deseñada Miquits e Miquits 2. Visita á casa da avoa.
Xabier falaranos da historia do cómic, os seus tipos, partes, algunhas curiosidades... e desenvolverá un obradoiro de cómic para que todas as persoas asistentes poidamos explorar e potenciar a nosa creatividade!
Actividade aberta a todos os públicos.
Duración: 90 minutos
Horario: 11:15-12:45 horas
Espazo: CEIP Rogelio García Yáñez, O Picouto (Ramirás)