Contos en construción: unha historia do Nadal en Galicia. Impartido por Costa Oeste
Actividade baseada no libro O castiñeiro do Apalpador de Nuria Díaz: traballarase sobre o conto par logo materializar algunha das súas escenas coa construción dun modelo en 3D.
Dúas quendas: 10.00-11.30 e 12.00-13.30 h.
Idade: de 6 a 12 anos.
Inscrición previa dende o mércores 11 de decembro presencial na biblioteca ou chamando ao teléfono 886 120 445.

