Teatro Impro das emocións
A Impro ou teatro de improvisación é unha forma de facer teatro na que as actrices e os actores crean unha historia no momento, sen un guión preestablecido.
Para facilitar o proceso creativo as pequenas e pequenos participantes deste obradoiro partirán da creación dun monicreque sinxelo co que experimentarán e realizarán exercicios de improvisación grupal para establecer un ambiente de confianza e colaboración que lles permita crear unha historia conxunta baseada nas emocións humanas.