Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O deseño gráfico, deseña a portada do teu libro.

Texto de presentación da actividade

Actividade centrada no deseño gráfico na literatura na que explicamos como algunhas portadas dannos ter ganas de ler eses libros a través das imaxes, ilustracións e tipos de letra. Rematamos facendo un obradoiro de deseño e ilustración no que terán que deseñar a súa portada.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (A partir de 7 anos)
  • Público xuvenil

Duración

60 minutos

Sesións

Galego

Debuxar letras

Texto de presentación da actividade

Dar os primeiros pasos na técnica do "lettering", tamén coñecida como rotulación, que consiste en Debuxar as letras con: pincel, tinta, rotuladores,... e sentar as bases pra seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia. 
Descubrir o desenvolvemento creativo, Debuxar as letras tamén favorece a concentración e a relaxación.
 

Programa

lercontamoito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Atrévete a facer o teu propio libro

Texto de presentación da actividade

Con iste obradoiro seremos os autores do noso propio libro. Faremos un álbum ilustrado de principio a fin e sairemos da actividade co noso propio conto baixo o brazo.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (6 a 12 anos)

Duración

120 minutos

Sesións

  • Sesión única: 02/10/2024 - 11:00

Lugar de celebración

Biblioteca municipal de A Arnoia

Galego

Unha arte delicada: a papiroflexia

Texto de presentación da actividade

Dunha maneira divertida, achegarémonos á arte milenaria da papiroflexia. Partindo de simples cadrados de papel iremos dándolles forma ata chegar a facer figuras con e sen movemento coas que os pequenos e os non tan pequenos van poder xogar e deixar voar a súa imaxinación. Todos poderán levar as súas obras de arte nunha caixiña como recordo.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público xuvenil

Duración

Galego

Debuxando un conto

Texto de presentación da actividade

Contacontos con debuxo en directo. A través da ilustración irase contando a historia e interactuando cos nenos.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (6 a 12 anos)

Duración

90 minutos

Sesións

  • Sesión única: 03/10/2024 - 11:00

Lugar de celebración

Biblioteca municipal de A Arnoia

Galego

Autos tolos - Robótica creativa

Texto de presentación da actividade

Construiremos divertidos vehículos eléctricos autónomos; deseñaremos as súas partes esenciais: chasis, motor, rodas, etc.; amosarremos as nosas creacións participando nun concurso de deseño e creatividade  e probaremos as nosas invencións nunha carreira tola, tola, tola: 3 - 2 - 1... XAAAA!!!

Programa

NENGÚN

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

90 minutos

Sesións

Galego

Quen matou á señora X?

Nesta sesión aberta dos obradoiros de escritura creativa, abrímoslle a porta ao misterio. Anímate a crear con nós parte dun relato, na que cada participante se porá na pel dunha testemuña do asasinato da rica señora X. Mesmo pode que o personaxe que che toque sexa o asasino…

Non deixes pasar a ocasión de sentirte parte creadora dunha historia e apúntate. 

Inscricións na biblioteca ou chamando ó 988 78 83 85 ou 988 78 83 86.

Galego

Os enigmas da arte

No marco do Plan Corresponsables, o museo organiza estas actividades en familia, nas que este ano vanse buscar os misterios que se agochan nun museo, un lugar cheo de historias, curiosidades e misterios incribles. Cada un dos enigmas que se expoñen neste taller trasladarán a un momento transcendente da historia da arte, a un movemento artístico revolucionario ou a un artista destacado.

Elaborado por Alma Blanco Arkhé Espacio Educativo.

Datas: Sábados do 19 de outubro ao 30 de novembro de 2024.

Destinatarios: familias con nenos e nenas de 4 a 10 anos.

Galego

Creamos o noso Pop Up

Texto de presentación da actividade

Creamos o noso  Pop Up.
Gustaríate aprender as distintas técnicas para facer o teu propio libro emerxente e interactivo?  Neste obradoiro descubrirás e realizarás distintas técnicas para darlle vida ao teu propio libro e así poder dar forma 3D a calquera historia que te gustaría contar.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (7 a 12 anos)

Duración

90 minutos

Galego

Obradoiro de cómic e banda deseñada

Texto de presentación da actividade

Obradoiro de banda deseñada: os rapaces aprenderán recursos da linguaxe do cómic facendo a sua própia páxina de BD. No cómic atoparán unha ferramenta afín á sua vida que lles axudará a comunicarse, contando as suas propias historias nas que verquir as suas propias inquedanzas e intereses.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público xuvenil

Duración

60 minutos

Sesións

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro