Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Construción e programación de robots

PRAZAS ESGOTADAS

O obxectivo da actividade é familiarizar aos participantes coas disciplinas STEAM, en concreto coa robótica, na resolución de problemas e na execución de proxectos para nenas e nenos entre 6 y 12 años, fomentando así o gusto e a curiosidade pola ciencia e a tecnoloxía.

A actividade consistirá en construír e programar por bloques un robot, empregándose unha metodoloxía activa na que os/as participantes resolverán un reto empregando o material facilitado.

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

Galego

Ciencia creativa: experimentos, música e arte

Obradoiro deseñado para descubrir as fascinantes conexións entre a ciencia e a creatividade, a través da música, a arte, e emocionantes experimentos físicos e químicos.

Este obradoiro busca revelar a relacións intrínsecas entre conceptos científicos e expresións artísticas, ofrecendo aos participantes unha experiencia de aprendizaxe multidimensional, que mostra como a ciencia non só é fundamental para entender o mundo que nos rodea, senón que tamén é unha fonte inesgotable de inspiración para a creatividade e a innovación.

Público infantil de 6 a 12 anos

Galego

As orixes do Samaín

O mundo vólvese terroríficamente divertido na biblioteca!

Antes de que caia a noite e as bruxas e as pantasmas invadan a biblioteca, os nenos e as nenas poderán participar neste obradoiro creativo de Samaín, creando un espazo de creatividade, onde poñer en práctica as súa imaxinación dando forma a diferentes propostas, todas elas monstruosamente divertidas.

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

Duración: 60 minutos

15 prazas

Galego

Obradoiro con lixo mariño – charla medioambiental

Texto de presentación da actividade

Tras unha charla sobre a incidencia dos plásticos no mediambiente, afondaremos neste problema a través dun obradoiro no que traballaremos con lixo mariño atopado na Costa da Morte, xa limpo e preparado, así como con pistolas de silicona e pinturas. Os/as participantes poderán desenvolver as súas habilidades creativas elaborando pezas artísticas, nun proceso de transformación do lixo en arte.

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Debuxar letras

Texto de presentación da actividade

Dar os primeiros pasos na técnica do "lettering", tamén coñecida como rotulación, que consiste en Debuxar as letras con: pincel, tinta, rotuladores,... e sentar as bases pra seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia. 
Descubrir o desenvolvemento creativo, Debuxar as letras tamén favorece a concentración e a relaxación.
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Escrita fotográfica

Texto de presentación da actividade

Escrita fotográfica
A partir de fotografías de diversas artistas galegas traballaremos a creación de relato curto e tamén de textos poéticos. Empregaremos dinámicas diversas de escrita creativa para desbloquear a creatividade.

Programa

non

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público xuvenil
  • Público adulto

Duración

120 minutos

Sesións

Galego

Aprende a facer un podcast!

Texto de presentación da actividade

Aprende a crear un podcast. Aprende a redactar, locutar, gravar e editar un podcast. Con técnicas de locución, teatro e dobraxe. Lectura interpretativa, modulación da voz, vocalización e locución.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público xuvenil

Duración

130 minutos

Sesións

  • Sesión única: 13/09/2024 - 17:00

Lugar de celebración

BIBLIOTECA MUNICIPAL

Galego

Obradoiro de xoguetes de cartón e papel

Texto de presentación da actividade

O obxectivo do obradoiro de xoguetes de cartón e papel, é ensinar ós rapaces de maneira lúdica e creativa as partes estructurais dun teatro clásico, cinemakis o un kamishibai e inculcarlles a paixón de inventar e contar historias a través da ilustración e a imaxinativa persoal de cada un. Os nenos crean historias a partir de lecturas que teñan feito ou ben inventan narrativas novas.

Programa

FestiBAM

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A imprenta

Texto de presentación da actividade

"Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino", escribiu Rosalia de Castro.
Poder sentir e expresar, é LIBERDADE!
Obradorio de imprenta onde todos e todas poden experimentar e coñecer un oficio e gozar xuntos da man de Rosalia, quen nos inspira a crear!
A poeta convídanos a compartir unha experiencia de tinta que vos fascinará.
 

Programa

FestiBAM!

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Eu sempre comigo

Texto de presentación da actividadeEu sempre comigo: con isto pretendemos reflexionar en familia sobre aspectos como o amor romántico, o autocuidado, a cousificación da muller, o empoderamento das mozas, o autocoñecemento e a autoestima.  ProgramaLer conta moitoPúblico/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (A partir de 6 anos)

Duración120 minutosSesións

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro