Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro de cómic e banda deseñada

Texto de presentación da actividade

Obradoiro de banda deseñada: os rapaces aprenderán recursos da linguaxe do cómic facendo a sua própia páxina de BD. No cómic atoparán unha ferramenta afín á sua vida que lles axudará a comunicarse, contando as suas propias historias nas que verquir as suas propias inquedanzas e intereses.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público xuvenil

Duración

60 minutos

Sesións

Galego

Debuxar letras

Texto de presentación da actividade

Dar os primeiros pasos na técnica do "lettering", tamén coñecida como rotulación, que consiste en Debuxar as letras con: pincel, tinta, rotuladores,... e sentar as bases pra seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia. 
Descubrir o desenvolvemento creativo, Debuxar as letras tamén favorece a concentración e a relaxación.
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

O lapis que non quería ir a escola

Texto de presentación da actividade

Unha proposta que conecta un contacontos e un obradoiro. Desta maneira as crianzas descubrirán as mil e unha variables que teñen os contos. Xogar, recortar, pegar, debuxar, escribir, escoitar, compartir, falar, descubrir, colorear, construír… serán actividades a desempeñar para crear contos en novos formatos e con novos finais.

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (De 6 a 10 anos)

Duración

Galego

Contos en figuras luminosas

Texto de presentación da actividade

Facer figuras decotativas con luz sobre distintas superficies, aprenderás a contar a túa historia con varias tecnoloxías: leds, electroluminiscencia e video mapping. Un obradoiro creativo no que, dependendo das edades dos participantes, poderás deseñar traxes "intelixentes" (wereables) con sensores e luces.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

90 minutos

Galego

Debuxar letras

Texto de presentación da actividade

Dar os primeiros pasos na técnica do "lettering", tamén coñecida como rotulación, que consiste en Debuxar as letras con: pincel, tinta, rotuladores,... e sentar as bases pra seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia. 
Descubrir o desenvolvemento creativo, Debuxar as letras tamén favorece a concentración e a relaxación.
 

Programa

Ler Conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Scriptorium

Presentamos o obradoiro “Scriptorium”, que comezará analizando o seu significado, a importancia dos códices e a súa historia. Tamén falaremos do seu método de elaboración e instrumentos de traballo ata o lugar onde se sentaban para realizar este duro traballo: o banco do copista. Amosaremos os distintos elementos decorativos do códice e falaremos dos instrumentos básicos para a encadernación dos códices. Poderán participar no obradoiro didáctico que pretende converter aos/ás participantes en pequenos/as copistas e iluminadores/as por un día.

Galego

CSI: O roubo da tarta

Convértete nun axente de policía e investiga, empregando a ciencia, o misterioso roubo da tarta. Busca pegadas, elabora retratos robot e analiza o ADN, mentres resolves o crime.

Actividade a cargo de Ceo aberto

Público infantil e xuvenil de 7 a 14 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

Duración: 60 minutos

20 prazas

Galego

Unha arte delicada: a papiroflexia

Texto de presentación da actividade

Dunha maneira divertida, achegarémonos á arte milenaria da papiroflexia. Partindo de simples cadrados de papel iremos dándolles forma ata chegar a facer figuras con e sen movemento coas que os pequenos e os non tan pequenos van poder xogar e deixar voar a súa imaxinación. Todos poderán levar as súas obras de arte nunha caixiña como recordo.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público xuvenil
  • Público adulto

Duración

60 minutos

Galego

Pomba da paz con Zentangle.

Texto de presentación da actividade

No obradoiro utilizarase o método Zentangle para embelecer unha pomba como símbolo da nosa paz interno e mental.Zentangle é unha técnica sinxela que consiste en trazar patróns repetitivos que crea belas imaxes e fomenta a tranquilidade e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística. Sen ter coñecementos previos de debuxo.

Programa

Ler conta moito 2024

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Debuxos animados: do libro á cámara

Texto de presentación da actividade

Os libros están cheos de historias e personaxes. E se lles damos vida? Falaremos con cada nena ou neno sobre os seus libros preferidos da biblioteca. El@s mesm@s escollerán unha historia/personaxes para representar, primeiro a través do papel, con debuxos ou con plastilina, e logo a través da cámara e o software axeitado para facer unha animación en Stop Motion. 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil
  • Público xuvenil

Duración

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro