Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Con ollos de científic@

Actividade na que a cativada poderá descubrir, a través da realización de sinxelos experimentos e xogos, os principios científicos nos que se basea o funcionamento dunha das pezas que forman parte da colección do museo: a máquina de Winmshurst, unha máquina electrostática capaz de producir electricidade de alto voltaxe.

Venres 22 de novembro de 17:30 a 18:30

Nenas/os de 6 a 10 anos

Actividade gratuíta

Galego

Obradoiro de cerámica

Neste obradoiro explicaremos de maneira sinxela e amena a evolución das técnicas e decoracións na cerámica prehistórica. Tamén abordaremos como, dende a arqueoloxía, se realiza a clasificación das pezas e que formas podemos atopar ao longo da prehistoria en Galicia, empregando exemplos atopados en castros galegos. Para concluír a actividade, as pequenas e pequenos participantes elaborarán unha peza utilizando a técnica máis antiga coñecida: a técnica de churros.

Galego

Obradoiro de pins con plástico máxico

Neste obradoiro as pequenas e pequenos participantes deseñarán e crearán os seus propios accesorios como pins, colgantes ou chaveiros a partir dunha ilustración escollida entre varias, que será transferida a unha folla plástica que ten a peculiaridade de que encolle e endurece ao aplicarlle calor.

Cada participante terá que elixir o deseño que máis lle guste, trasferilo á plantilla plástica, pintalo, perforalo e recortalo para poder crear o seu adorno, que poderá utilizar para decorar o que queira ou levalo posto.

Galego

Obradoiro de xoguetes reciclados

Neste obradoiro a rapazada construirá un xoguete con materiais de reciclaxe. O obradoiro ten como obxectivo a elaboración de xoguetes con materiais comúns que nun principio parecerían descartables.

As pequenas e pequenos participantes desenvolverán a súa creatividade no deseño e na decoración de cada xoguete e, unha vez rematado, poderemos utilizalos e imaxinar historias con eles como protagonistas.

Galego

Obradoiro de cerámica

Neste obradoiro, explicaremos de maneira sinxela e amena a evolución das técnicas e decoracións na cerámica prehistórica. Tamén abordaremos como, dende a arqueoloxía, se realiza a clasificación das pezas e que formas podemos atopar ao longo da prehistoria en Galicia, empregando exemplos atopados en castros galegos. Para concluír a actividade, os participantes elaborarán unha peza utilizando a técnica máis antiga coñecida: a técnica de churros.

Galego

Imprenta tipográfica creativa

Celebramos o Día da Edición, que conmemora o aniversario do nacemento de Ánxel Casal, co obradoiro “Imprenta tipográfica creativa” da man de Alouette Machine. Como se imprimían os libros antigamente? Alouette Machine é unha imprenta itinerante que traballa coa Tipografía, recuperando esta técnica artesanal. Neste obradoiro faremos un equipo de impresores/as coas persoas participantes e crearemos un mini libro sobre o editor Ánxel Casal. Empregaremos o material de época: tipografías de madeira, as prensas de impresión, rolos, tintas e papeis.

Galego

Obradoiro de bordado básico

Neste obradoiro de bordado básico aprenderemos a realizar tres puntos (punto partido, punto folla e punto rosa) cos que, ademáis de ser quen de rematar o deseño que se nos vai presentar, poderemos facer outros deseños bordados pola nosa conta. Todos os materiais están incluídos e non fai falla ter ningunha experiencia previa.

Lúa Mosquetera é a creadora dun clube de bordado na Coruña e doutro en Compostela dende o ano 2016

Galego

A orixe de Compostela e a lenda da Raíña Lupa

Neste obradoiro coñeceremos a lenda da orixe da cidade de Compostela, a da Raíña Lupa e de como, segundo esta lenda, se chegou a levantar a catedral no lugar no que está.

Veremos que na biblioteca hai libros que tratan este tema. Comezaremos contando a historia, veremos diferentes representacións desta e, para rematar a actividade, pequenas e pequenos participantes poderán plasmar a súa propia visión desta lenda creando monicreques de pau cos diferentes personaxes.

Galego

Obradoiro de creación de monicreques con material de refugallo

Que pode saír dun calcetín vello, dun guante ou dun retallo de feltro? Pois dándolle un pouco á cabeza e cun pouco de imaxinación poderemos dar vida a diferentes personaxes!! Poñerlle cara, pelo, vestilos, darlle nome e historia e...se dese tempo, poderiamos crear un conto en pequenos grupos.

Na sala infantil. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro