Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cousas da praia

Dirixido a nenos e nenas, de entre 3 a 6 anos, mediante o xogo e a música ensinaráselles de qué está formada a area da praia, porque sube e baixa a marea, os tipos de plantas que viven nas dunas, etc. Cunha pouca area, un panel con obxectos que se poden atopar na praia, cunchas e cancións, os participantes serán conscientes de qué obxectos pertencen á praia e cales non deben estar alí, á vez que se complementará coñecendo qué traballos se desenvolvían na praia antigamente.

Galego

Banda deseñada OINK!

Os ilustradores de OINK! -a revista do Xabarín Club póñense mans á obra para dar a coñecer o mundo da banda deseñada á rapazada, e tamén aos que non son tan novos, a través de obradoiros creativos ou de faladoiros divulgativos. Esta actividade está dirixida a nenas e nenos, a partir de 10 anos.  Ten unha duración aproximada de 60 minutos.

Galego

Introdución á astronomía

Ensinar Astronomía pode parecer fóra do alcance dos nenos e das nenas, non obstante, os elementos máis básicos desta, como o día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, son parte da súa experiencia diaria. Neste obradoiro amósaselles a marabilla do Universo e gozan dos fenómenos naturais do mesmo xeito que os nosos antepasados os coñeceron e gozaron.

Galego

Expresión e improvisación teatral

Farase fincapé no traballo de voz e corpo como xeito de expresión.
Nesta actividade, de 90 minutos de duración, non só se garante o entretemento, senón que se descubrirá tamén o teatro coma xogo. Crear todo aquilo que sexan capaces de imaxinar e levalo a escena dentro dun contexto de traballo en equipo. Obxectivos:
- Descubrir a aproximación ao teatro
- Desenvolver a expresión oral e corporal
- Traballar a voz, son e articulación
- Favorecer a creatividade, a imaxinación e a rapidez de reacción
- Potenciar o traballo en equipo

Galego

Contos en inglés

Un obradoiro interactivo para motivar ao neno/a a falar en inglés dunha maneira sinxela, amena e divertida a través da audición oral de contos, imaxes, cancións e pequenas manualidades que lle axuden a familiarizarse e reforzar o vocabulario.
Obxectivos:
-Estimular aos nenos/as na aprendizaxe da lingua inglesa utilizando como recursos os contos e as actividades lúdicas.
- Xerar procesos creativos para a expresión oral en inglés
- Desenvolver a capacidade creativa e imaxinativa
Contidos:
- Contacontos en inglés
- Xogos con imaxes

Galego

Xoves a xogar

Este verán, todos os xoves de xullo e agosto, a biblioteca ofrece, para os nenos e nenas maiores de 6 anos, 60 minutos de actividades variadas, que van desde Hospital de libros, Xogos de pistas, Coñece os dinosaurios, etc. As prazas son limitadas, polo que a inscrición para a actividade é cada semana, desde o luns ás 10 horas na Sala infantil da biblioteca.

Galego

Xogando coa historia

Os martes durante 90 minutos, os rapace e rapaces,de 7 entre e 10 anos, teñen a oportunidade de coñecer máis sobre estas figuras imprescindibles da historia.
Prazas limitadas. Inscripción previa cada semana, desde o luns ás 10 horas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro