Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Como un allo!

Adultos, mocidade e ata nenos e nenas de 4 a 12 anos son os públicos obxectivos desta actividade, Como un allo! (Trivial galego). Un xogo de mesa de preguntas e respostas sobre cultura xeral e lingua que desafiarán os coñecementos sobre Galicia dos xogadores. 

Galego

A vila do mañá

A vila do mañá é un proxecto deseñado e executado por mulleres arquitectas para nenos de 3 a 12, no que transformarán a cidade nun taboleiro de xogo, como lugar de encontro e como laboratorio de aprendizaxe para descubrir, vivir, coñecer e valorar o seu hábitat para poder actual nel.

O obradoiro estructúrase en dous tipos de actividades:

Galego

Pintando con Paul Klee

Pintando con Paul Klee é un obradoiro artístico. Os nenos e nenas coñecen o traballo deste mestre da pintura e realizan un deseño colectivo dun mural ou traballos máis pequenos baseándose nunha obra de Klee.

Obradoiro para nenos e nenas a partires de cinco anos.

Duración: 120 minutos.

Galego

Obradoiro de creación de teatros de papel

O obxetivo do obradoiro é fomentar a lectura como vehículo para xerar historias e potenciar a creatividade. Os asistentes construirán a maqueta dun teatro clásico e a crearán escenarios e personaxes a partir de lecturas existentes ou inventando narrativas novas. O obradoiro promove destrezas motrices, o contacto coas artes plásticas, a convivencia e a colaboración entre os participantes.

Para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Galego

Autores con pegada

Para nenas e nenos de 4 a 7 anos, Autores con pegada achega aos cativos ao mundo da ilustración. Serán eles quen se encarguen de ilustrar un texto, empregando pintura de dedos. Un conto ou un poema será a obra sobre a que traballarán.  

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro