Crisis estelar, estratexia de marca nun escenario turbulento. Visión desde Silicon Valley
Nesta sesión en directo, cuxa inscrición se pode formalizar aquí, o profesor Roberto Álvarez do Blanco abordará a recente volatilidade do mercado, o impacto económico e a nova estratexia das marcas como resultado da propagación da COVID-19, facendo un percorrido polos seguintes puntos: entendendo a pandemia, implicacións económicas, implicacións sociais e o mundo despois da pandemia. Esta sesión en directo será moderada por Begoña Jamardo Suárez, responsable do Master in International Business de IESIDE.

