Cómo facer marketing na industria dos esports e influencers
Neste webinar falaremos da miña experiencia na creación de valor en márketing para marcas dentro do universo dos esports e dos influencers.
A miña canle de Youtube leva funcionando a diario desde 2013 e o equipo de esports Team Queixo opera desde 2017. En ambos os sectores experimentamos unha enorme evolución na maneira de aproximarnos e traballar coas marcas, habendo mesmo desenvolto o negocio en diferentes ámbitos que poderedes ver no Webinar.

