Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Sistemas de xestión documental: para que os precisan as empresas

Víctor Fariña é matemático de formación e leva sendo o CEO e o cofundador de Queres desde hai 8 anos. Queres Tecnologías é unha empresa especializada en sistemas de xestión documental desde hai máis de 15 anos, con gran penetración no sector da saúde.

En este webinar vai falarnos sobre os sistemas de xestión documental, para saber que son e se en realidade necesitamos un ou outro.

– De verdade que necesitamos un ECM (Enterprise Content Management)?
– Os 6 pilares dun ECM
– Que opcións temos?
– Un vistazo á interface de FaroCM.
– Conclusións

Galego

DBarrio, a túa compra a domicilio dende o comercio local

Tras o peche obrigado dos establecementos por mor da crise sanitaria provocada pola COVID-19, o comercio electrónico convértese na canle para poder seguir vendendo aos clientes que habitualmente acoden á tenda a mercar os produtos. 

Dbarrio é una plataforma de éxito que fomenta que os comercios tradicionais podan pasar a vender en liña dunha forma rápida e sinxela.

PROGRAMA:

Presentación de Dbarrio

Como Dbarrio mellora as túas vendas e o teu barrio

Páxina web

Xestión de cobros

Reparto a domicilio

Publicidade

Galego

Firma Biométrica. Reduzcamos o papel nas empresas. Unayta

As empresas cada vez máis, están obrigadas a implantar procesos de transformación dixital que lle axuden a eliminar o papel nas súas instalacións. Unha plataforma moi válida e con total validez legal para a redución do papel é a firma biométrica, a cal che permite asinar calquera documento estes onde estes e sen ningún terminal específico, desde o teu móbil é suficiente.

PROGRAMA:

Presentación de Unayta

En que consiste a firma biométrica

Validez xurídica da firma biométrica

Demostración de firma biométrica

Quenda de preguntas

Galego

O que debes saber para lanzar a formación online na túa empresa

Noa Orizales leva dende o 2006 dirixindo Contidos Dixitais, empresa a través da que proporciona solucións de e-learning para empresas que queren formar online aos seus empregados ou clientes, pero despreocupándose dos problemas técnicos asociados a este tipo de formacións.

No persoal, desfruta de vivir no rural, a carón do seu marido e das súas cadeliñas, tratando de ter un impacto positivo na súa comunidade; así que de seguro a atoparedes liada en varias iniciativas de desenvolvemento local como Ortigueira Runners ou Etiquefas.com

Galego

Cómo facer marketing na industria dos esports e influencers

Neste webinar falaremos da miña experiencia na creación de valor en márketing para marcas dentro do universo dos esports e dos influencers. 

A miña canle de Youtube leva funcionando a diario desde 2013 e o equipo de esports Team Queixo opera desde 2017. En ambos os sectores experimentamos unha enorme evolución na maneira de aproximarnos e traballar coas marcas, habendo mesmo desenvolto o negocio en diferentes ámbitos que poderedes ver no Webinar.

 

Galego

¿Qué se coce en MEGA? con Marta Rodríguez

Compañeira espumosa e refrescante de aperitivos, comidas e festas, a cervexa ten unha orixe milenaria e moitas curiosidades. E sen dúbida, ten moitos seguidores dispostos a coñecer máis sobre a súa historia e elaboración. O ano pasado abriu o Museo da cervexa MEGA na planta cervexeira de Estrela Galicia na Coruña.

En máis de 2500 metros cadrados os visitantes coñecerán a historia desta bebida sacra, os procesos artesanais que levan a cabo na fábrica para realizar as diferentes variedades de cervexa, probar os distintos tipos de cebada e os aromas de lúpulo...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro