Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Juan Muñoz Martín (1929-2023)

Moitos dos nenos e nenas que agora temos corenta anos lembramos con cariño as risas que Juan Muñoz martín nos fixo botar coas disparatadas aventuras de Frei Perico ou do Pirata Garrapata. Por iso, na sala infantil, queremos homenaxear a este autor, que foi pai de personaxes inmortais, convidándovos aos nenos e nenas, pero tamén aos maiores, a que desfrutedes das súas sempre divertidas historias.

Pode visitarse na sala infantil no horario de apertura da biblioteca durante todo o mes de marzo.

Galego

Endometriose

Con motivo da celebración do Día Mundial da Endometriose o 14 de marzo, desde a Biblioteca queremos dar visibilidade a esta doenza que afecta ao 10% da poboación feminina en idade fértil.

Nesta mostra bibliográfica reunimos unha selección de obras para contextualizar e informar sobre esta dolorosa enfermidade, expoñendo libros sobre a endometriose, a saúde da muller, a anatomía segundo os sexos, a menstruación, as hormonas femininas, etc. 

Pode visitarse do 1 ao 31 de marzo no terceiro andar, na zona da Biblioteca Feminista,  durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

In memoriam

Grandes nomes da industria do cómic e aplaudidas autoras e autores deixáronnos no ano 2022.

Dende a biblioteca Ánxel Casal ofrecemos unha selección das súas obras como homenaxe e recordo dalgúns dos nosos queridos creadores e creadoras.

Pode visitarse do 1 de marzo ao 30 de abril no andar baixo, na zona da hemeroteca durante o horario da biblioteca.

 

Galego

Coñeces a nosa colección accesible?

No segundo andar da Biblioteca contamos cunha Colección Accesible que está formada principalmente por: libros de letra grande, libros de lectura fácil e audiolibros para achegar a todas e todos a lectura e o coñecemento.
O andel de libros de letra grande ofrece literatura clásica e contemporánea cunha tipografía maior da habitual facilitando a súa lectura a calquera persoa.

Galego

Olga Novo: Eros e Tánatos

Co gallo da participación da poeta Olga Novo na sesión do venres 17 de marzo dos "Diálogos entre a Psicoanálise e a arte" facemos unha escolma da obra desta autora.

Estará dispoñible no salón de actos o día 17 de marzo durante o diálogo e no segundo andar desde o sábado 18 ata o 31 de marzo durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Rompendo estereotipos

Co gallo da celebración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, organizamos unha mostra de libros e películas protagonizadas por nenas e mulleres que rompen estereotipos.

Dende mulleres con éxito na súa vida laboral a outras que conseguen pequenos logros no día a día, ademais das que loitan e reivindican os seus dereitos.

Pode visitarse na sala infantil en horario de apertura da biblioteca durante todo o mes de marzo.

 

Galego

Centenario do pasamento de Manuel Murguía (2/2/1923-2/2/2023)

Manuel Murguía naceu o 17 de maio de 1833 no lugar do Froxel, parroquia de Oseiro, pertencente ao concello coruñés de Arteixo, e morreu na cidade da Coruña o 2 de febreiro de 1923, cumpríndose agora un século. Historiador, investigador, xornalista, escritor e home de Rosalía de Castro é un dos intelectuais galegos máis prestixiosos. Murguía impulsou o Rexurdimento cultural de Galicia e a creación da Real Academia Galega, da que foi membro fundador e o seu primeiro Presidente. No 2000 dedicóuselle o Día das Letras Galegas, 167 anos despois do seu nacemento.

Galego

Os que nos deixaron no 2022

2022 foi un ano no que faleceron varias e relevantes figuras, nacionais e internacionais, do mundo das letras, da música, do cinema. Máis aló das tristes noticias, o valor das súas creacións mantense inalterable e digno de revisitar.

Con este centro de interese queremos facer unha homenaxe aos que nos deixaron, pero aos que nunca esqueceremos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra