Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Maker Faire Galicia 2022

A Cidade da Cultura volve ser o lugar elixido para albergar unha nova edición da Maker Faire Galicia, o evento de referencia do «movemento maker», que pula pola innovación a nivel educativo, empresarial e social. Na súa 8ª edición a Maker Faire regresa ao Museo Gaiás do 1 ao 5 de xuño en formato híbrido, tras dúas edicións celebradas de xeito integramente online. Deste modo a organización aposta con forza por un encontro físico, cun programa que promete ser o máis completo das súas oito edicións.

Galego

Turexpo Galicia

TUREXPO GALICIA - Salón Turístico de Galicia celebrarase en Feira Internacional de Galicia ABANCA Silleda do próximo 2 ao 5 xuño 2022 presentando as novidades de empresas de España e internacionais relacionadas cos sectores de Turismo.

Esta feira volverá converterse no seu 10 aniversario no marco perfecto para a interacción entre a oferta e a demanda turística. A proposta de Turexpo Galicia será inmellorable.

Galego

Semana Verde de Galicia 2022

Semana Verde de Galicia celebrarase en Feira Internacional de Galicia ABANCA Silleda do próximo 2 ao 5 xuño 2022 presentando as novidades de empresas de España e internacionais relacionadas cos sectores de Organismos de turismo, Agricultura, Equipos e ferramentas, Industria da alimentación, Xardíns, Mascotas.

Semana Verde é un salón multisectorial onde se dan cita todas aquelas empresas e profesionais que teñen o medio rural como eixo das súas actividades.

Galego

Vacacións viaxeiras

Cando xa estamos case inmersos no verán, na Biblioteca de Lugo preparamos unha selección de obras coas que queremos darvos ideas para as vosas vacacións. Porque existen moitos tipos de viaxes e moitos tipos de viaxeiros, aquí deixamos un ramallete de posibilidades para que elixades que viaxe queredes facer. Tanto se vos gustan os destinos exóticos, ou máis convencionais ; lugares afastados ou a tiro de pedra, seguro que atopades algo adaptado aos vosos gustos

 ¡¡¡ BOA VIAXE ¡!!

Galego

Feira do libro de Galicia 2022

As novidades editoriais volven saír ás rúas dos concellos galegos para achegarlle á cidadanía o libro e a lectura, nun percorrido que as leva polas catro provincias galegas. As Feiras do Libro de Galicia celébranse nos meses de primavera e verán, con postos de venda de exemplares xestionados polos libreiros, e complétanse cunha extensa programación de actividades paralelas dirixidas a todas as idades, como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros etc., que fan destes eventos unha cita de alto interese cultural.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra