Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Culturgal

O encontro, que se celebra de forma anual co obxectivo de congregar ao sector cultural e aos seus públicos durante tres días, contempla a renovación de diversos aspectos na edición 2022. Este ano a dirección da Feira prevé sumar un día máis, cunha xornada previa o xoves 24 de novembro, dirixida exclusivamente a profesionais, empresas e asociacións sectoriais.

Galego

Cata de meles de Galicia

A biblioteca cede o espazo ao colectivo Máisquemel para a realización da “Cata de meles de Galicia” a cargo de Beatriz Ríos, técnica de IXP Mel de Galicia.

Ás 19.00h a farmacéutica Rosa Vázquez ofrecerá a charla “Os produtos das abellas: apiterapia e cosmética apícola”.

No salón de actos. Dirixido a público adulto. As persoas interesadas deben inscribirse a través do correo electrónico info@maisquemel.gal ou do telf.: 981 589 534

Galego

Historias de medo para noites de outono

Outono. O fin das vacacións. A choiva. Os días curtos. Pero tamén as chulas de cabaza. Desfrutar dun libro e dunha bebida quente. O Samaín. E, sen dúbida, mouchos, coruxas, sapos e bruxas! A biblioteca ofrece unha selección de materiais terroríficos e outros que non o son tanto para que poidades desfrutar máis do comezo da estación escura.

Na sala infantil. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.

Galego

Artesanía de Galicia en Compostela

A Xunta de Galicia organiza esta fin de semana –o sábado 11 e o domingo 12 de setembro– o evento Artesanía de Galicia en Compostela, no que participarán preto de 40 artesáns da marca Artesanía de Galicia especializados en oficios como a xoiería, a talla de madeira, os xoguetes, a forxa, a estampaxe, o coiro, o tecido artesanal, os complementos de moda, a escultura, a ourivería, o téxtil, a elaboración de figuras de pan, a palla trenzada, a bixutería ou a cerámica.O evento, no que se inclúen obradoiros abertos ao público e demostracións, celebrarase no claustro de San Martiño Pinario en hora

Galego

Volta ao cole

O verán aos poucos vaise despedindo e con el as vacacións. Chega a hora de gardar os utensilios da praia e afrontar a volta ao cole con alegría. Para iso, na Biblioteca de Lugo fixemos unha selección de libros e películas que nos axuden a enfrontarnos a este momento co mellor dos sorrisos.

Ánimo e a por iso!

Galego

XXIX Feira do Cabalo na comarca da Ulloa

A competición contará nesta edición con nove probas: andaina serrada, andaina chapeada, andaina de trotones, trotones, puro sangue inglés, pura raza árabe, cruzados, país e burros.

A organización tamén destinará premios para o xinete máis novo e o máis veterano, así como o animal que destaque pola súa orixinalidade e beleza.

Os premios que se repartirán os mellores clasificados en cada categoría ascenden a case 2.500 euros, ademais dos correspondentes trofeos.

Galego

Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico

A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico chega ao Parque da Alameda de Santiago os días 1, 2 e 3 de xullo, coa presenza de 15 produtores de Galicia e Norte de Portugal e dous artesáns de Galicia que promoverán e venderán os seus produtos ata o próximo domingo.
A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, Galicia e Norte de Portugal, celébrase desde hai unha década en cidades que pertencen ao Eixo Atlántico, dentro do ámbito do programa de actividades para a promoción e venda de produtos tradicionais galegos e portugueses da entidade transfronteiriza.

Galego

Cidades de cine

O cine non só nos conta historias, tamén é unha forma de coñecer outros lugares. Dende a biblioteca invitámosvos a percorrer distintas cidades a través dunha selección de películas.

Boa viaxe!

Galego

Galicia Escena Pro 2022

AGADIC organiza unha nova edición do mercado galego das artes escénicas. A través dunha escolma de espectáculos de recente produción e dun programa de actividades paralelas, esta iniciativa tómalle o pulso á actualidade do sector en Galicia. Ao tempo, bríndalles aos seus profesionais unha plataforma desde a que expoñer os seus novos traballos diante do público xeral e dos programadores e demais axentes culturais.
PROGRAMA

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra