Sucedeu no verán
Sabiades que o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos afirma que hai unha correlación entre o verán e as elevadas temperaturas e o aumento da criminalidade? Se cadra por iso tantos thrillers suceden na estación estival.
Sabiades que o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos afirma que hai unha correlación entre o verán e as elevadas temperaturas e o aumento da criminalidade? Se cadra por iso tantos thrillers suceden na estación estival.
Desde a Biblioteca Pública Ánxel Casal queremos que aproveites todo o tempo libre que tes no verán para que descubras novas afeccións ou continúes aprendendo dos teus pasatempos favoritos.
Nesta mostra poderás atopar libros divulgativos sobre historia e mitoloxía, curiosidades de astronomía, receitas para aprender a cociñar, enigmas para desafiar a mente, así como guías e manuais sobre pintura, manualidades, natureza, animais e moitas cousas máis!
Non dubides en visitar esta mostra na sala infantil do 15 de xuño ao 16 de setembro en horario de apertura da biblioteca.
Chegan as vacacións de verán e os días son tan longos que temos tempo de sobra para xogar, descansar e, sobre todo, para coller un libro e descubrir novas aventuras, coñecer novos personaxes, escachar coa risa e divertirnos.
Na Biblioteca Pública Ánxel Casal fixemos unha selección de libros e películas imprescindibles para todos os que queiran desfrutar de historias que nos achegan tanto á praia, como á montaña ou mesmo á cidade.
Esta mostra pode visitarse na sala infantil do 15 de xuño ao 16 de setembro no horario de apertura da biblioteca.
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal participa na Semana do Libro de Compostela, organizada polo Concello de Santiago e a Mesa do Libro de Compostela, que se celebrará na emblemática Praza da Quintana desde o día 9 ata o 18 de xuño.
Este será o noso horario de atención ao público: de luns a venres de 17.00 a 21.00h. Os sábados e domingos será de 11.30 a 14:00 e de 17.00 a 21.00h.
A localidade de Lugo celebrará unha nova edición da Feira do Libro, do 16 ao 20 de Maio, con postos de venda de libros, que se completa cunha extensa programación de actividades paralelas, como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros etc.
A feira abrirá as súas portas o martes 16 de Maio en a praza Maior ás 12.45 horas. Ás 19.00 horas, a lectura do pregón estará a cargo da escritora María López Sández.
Os asistentes poderán gozar das propostas literarias das librerías participantes, que ofrecerán un 10% de desconto nos libros.
A exposición está formada por maquetas de barcos, vehículos militares, vehículos civís e un diorama distópico. Tamén se pode ver a maqueta dun navio español, a Santísima Trinidad que está aínda en proceso de construcción. Hai algunha figura máis nese estado, xa que, as persoas que realizan estas maquetas queren amosar as distintas partes do proceso de elaboración destas sensacionais maquetas. Case 70 maquetas.
Unha exposición para todos os públicos.
Este ano o Día dás Letras Galegas está dedicado ao escritor, intelectual e político Francisco Fernández del Riego.
Na biblioteca ofrecémosche unha selección de obras del e sobre el.
Nesta mostra presentámosvos unha relación de documentos relacionados cos xardíns, a xardinería...
Dende o ano 1963 celebramos cada 17 de maio o día das Letras Galegas grazas a tres membros da Real Academia Galega. Un deses membros foi Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano 2023.
Desde o ano 1963 celebramos cada 17 de maio o día das Letras Galegas grazas a tres membros da Real Academia Galega. Un deses membros foi Francisco Fernández del Riego e este ano 2023 está adicado a súa figura.
Nesta mostra bibliográfica seleccionamos libros infantís escritos por autoras e autores homenaxeados neste día así como biografías que nos achegan ás figuras da cultura galega e a todas as súas fazañas.
Esta escolma de libros infantís pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca do 2 de maio ao 14 de xuño.