Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Literatura Checa

Nesta mostra bibliográfica queremos achegar desde múltiples perspectivas a cultura, lingua e literatura checa durante os últimos séculos, a través dos libros e filmes de autoras e autores nacidos no territorio que actualmente é a República Checa.

A biblioteca presenta unha gran variedade de obras de diferentes xéneros: novela, poesía, ensaio, banda deseñada, álbum ilustrado e cine procedentes de autores e autoras dos séculos XIX, XX e XXI e realizadas en varias linguas: checo, castelán, galego, alemán, francés e ruso.

Galego

Picasso, 1973-2023

O 8 de abril de 2023 cúmprese o cincuenta aniversario do falecemento do artista español Pablo Picasso.

Con este motivo, na Biblioteca Pública de Lugo, imos facer a nosa pequena homenaxe a este xenial artista.  E para isto, temos na planta de entrada unha selección de obras para ilustrar a súa vida, a súa obra e o ambiente no que viviu.

Galego

Celebración Picasso 1973-2023

O 8 de abril de 2023 cúmprese o cincuenta aniversario do falecemento do artista español Pablo Picasso e “Celebración Picasso 1973-2023” conmemora os 50 anos desde a súa morte que marcou un antes e un despois no mundo da arte.

Pablo Picasso naceu en Málaga en 1881 e a súa obra revolucionou o panorama artístico do século XX. O seu estilo evolucionou ao longo da súa carreira, pasando por diversas etapas que marcaron tendencia nas correntes artísticas da época, como o cubismo e o surrealismo.

Galego

Javier Peña e outros grandes infelices

Imaxinade unha novela con esta trama: a finais dos anos noventa, un rapaz coruñés chamado Javier Peña (1979) múdase a Santiago de Compostela para estudar xornalismo co soño de converterse algún día en escritor. Tras licenciarse, pasa primeiro nove anos traballando como xornalista deportivo no diario AS e logo outros nove como asesor en distintos gabinetes da Xunta dedicándose a escribir discursos. Nese tempo, baixo unha crise existencial produto da alienación que sentía ao xuntaren palabras para outra persoa, foi cando naceu a súa primeira novela.

Galego

Son un libro, leme

O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Dende 1967, o IBBY, International Board on Books for Young People, impulsa esta celebración para promocionar a literatura infantil e fomentar a lectura nestas franxas de idade.

Nesta mostra bibliográfica reunimos unha selección de obras do autor Hans Christian Andersen así como unha selección de libros propostos no catálogo do ano 2023 da Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

Galego

Música en galego

O Día das Artes Galegas é unha conmemoración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) en 2015. A data de celebración escollida pola institución para exaltar e promover a creación galega é o 1 de abril por ser a que figura inscrita nos linteis do Pórtico da Gloria como día da súa finalización en 1188. Cada ano escóllese un homenaxeado da historia da arte galega, de cuxo pasamento deben ter transcorrido polo menos dez anos. Este ano é o trobador galego da segunda metade do século XIII e comezos do XIV, Martín Códax.

Galego

Día do cómic

O día 17 de marzo foi declarado o Día do Cómic e do Tebeo. Isto é un recoñecemento ó valor do cómic, a súa diversidade, creatividade e calidade. Esta data foi elixida porque se considera a data na que se iniciou a publicación da revista de historietas TBO, que deu nome ao propio fenómeno.

Por todo isto, na Biblioteca Pública de Lugo imos facer a nosa pequena homenaxe a estas obras, expoñendo unha selección delas na nosa planta de entrada

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra