Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

23 de febreiro, Día de Rosalía

Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 - Padrón, 1885), a nosa escritora máis universal, tanto que ata ten unha estrela no ceo, cumpriría anos o 23 de febreiro. Na Biblioteca Ánxel Casal queremos celebrar con vós o seu aniversario e por iso, durante todo o mes de febreiro, agasallámosvos cunha mostra bibliográfica na que poderedes atopar libros para coñecer mellor a esta autora inesquecible. 

Podes visitar esta mostra na sala infantil no horario de apertura da biblioteca.

 

 

Galego

Tempo de Nadal

É tempo de Nadal, tempo de celebración, de adornar a árbore, da chegada de Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos, tempo de despedir o ano e comezar un novo…

Son días de vacacións para xogar, pasar tempo cos nosos seres queridos… e vir á biblioteca! Aquí esperámoste, como sempre, cos brazos abertos e unha selección de títulos cunha morea de historias que ocorren no Nadal.

Podes visitar esta mostra na sala infantil no horario de apertura da biblioteca.

Esperamos que a desfrutes e Bo Nadal!

 

Galego

Grandes autoras que escriben para público miúdo

Sabes que teñen en común Pippi Mediaslongas, Heidi, Mary Poppins, Frankenstein, os Cinco, o Grúfalo, Celia, Teo, Isadora Moon, ou a Señorita Bubble? Todos foron creados por mulleres.

E, xa que o vindeiro 16 de outubro celebramos o Día das escritoras, queremos propoñerche unha viaxe para que descubras ás autoras que deron vida a estes e outros personaxes e goces coa súa lectura.

Podes visitar esta mostra na Sala Infantil do 2 de outubro ao 30 de novembro no horario de apertura da biblioteca.

Galego

II Encontro internacional de cestería no camiño

Sábado 1 de xullo: mostra de cestería de 11.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00

Domingo 2 de xullo: mesa redonda. Que cestería queremos. De 11.00 a 13.30

Catalina Piris Obrador, Elena Fabeiro Castro, Carlos Fontales Ortiz, Guadalupe Jiménez Esquinas.

Lola Tourón Río (Carqueixada, Lugo)

Esther Rodríguez Pérez (Gondomar,Pontevedra)

Luísa da Silva Seijas (Ares, A Coruña)

Antonio Luis Álvarez (Rexosende, Ourense)

Iván Sousa Pascual “O'Sousa” (Allariz, Ourense)

José Luís Castro Gómez (Tórdea, Lugo)

Galego

Tattoo Expo Santiago

Área Central acollerá os días 9, 10 e 11 de xuño a segunda edición de Tattoo Expo Santiago, unha convención do mundo da tatuaxe que reunirá os tres días a máis de cincuenta tatuadores e anilladores procedentes de diferentes puntos de Galicia, así como doutros lugares de España e Portugal.

Galego

Os libros da SELIC 2023

A SELIC (Semana do Libro de Compostela) nace no ano 2017 coa vontade de converterse nunha semana de celebración ao redor do libro, con actividades que inviten á participación de toda a familia. Entre as actividades habituais da SELIC realízanse presentación de libros, firmas de exemplares, visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas ou obradoiros.

 

Galego

Ocio estival

Ao chegar o verán os días son máis longos e temos moito máis tempo para desfrutar dos nosos pasatempos favoritos ou para descubrir novas afeccións.

Desde a Biblioteca Ánxel Casal preparamos esta mostra bibliográfica con propostas moi variadas para aproveitar o tempo libre. Desde deporte e viaxes ata actividades máis creativas como os bordados ou a pintura.

Pode visitarse no terceiro andar do 15 ao 30 de xuño e do 1 ao 16 de setembro no horario de apertura da biblioteca.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra