Mundos Propios
Ao longo da historia do cine, son moitas as películas que abordan o tema dos trastornos mentais. Na biblioteca quixemos amosar alguhas delas.
Ao longo da historia do cine, son moitas as películas que abordan o tema dos trastornos mentais. Na biblioteca quixemos amosar alguhas delas.
"O Día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo. Para celebrar este día tan especial, recomendamos varios libros de autores que se atopan no noso fondo e non te podes perder : poetas mozos e non tan novos ; uns recentemente chegados e outros clásicos e de longa traxectoria ; algúns premiados e outros aínda por descubrir:
Pérdelle o medo á poesía!"
O tema do Día Internacional da Muller do próximo 8 de marzo de 2022, “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sustentable”, recoñece a contribución das mulleres e as nenas de todo o mundo, que están a liderar os esforzos de resposta, mitigación e adaptación ao cambio climático para construír un futuro máis sustentable para todas as persoas.
A biblioteca ofréceche unha exposición bibliográfica na que atoparás unha elaborada selección de documentos cunha grande amplitude de temáticas.
Lugar: Vestíbulo
Datas: Do 8 ao 31 de marzo
Exposición bibliográfica sobre medidas e actitudes a adoptar para facer fronte ao período de recesión económica e de crise global que afecta á maioría de cidadáns. Estará ao dispor de todos as persoas usuarias ata o próximo 31 de marzo
Lugar: Sala Préstamo
Datas: Do 1 ao 31 de marzo
Horario: de 8:30 a 20:30 horas
Lugar: Sala Infantil
Horario: de 8:30 a 20:30 horas
O cinema distópico móvese a miúdo entre unha base real, que se utiliza para construír a trama, e un escenario irreal ou fantástico para describir sociedades e políticas complexas e normalmente desprezables. Na Biblioteca presentamos unha selección de películas representativas desta temática.
No mes de febreiro, na Biblioteca Pública de Lugo expoñemos unha selección de obras distópicas, nas que se recrean mundos imaxinarios que se consideran indeseables, representacións ficticias dunha sociedade futura de características negativas causantes da alienación humana.
Mostra bibliográfica sobre a vida e obra da poetisa coincidiendo coa conmemoración do día do seu nacemento, o 23 de febreiro de 1837. A mostra está composta por unha selección das obras máis representativas da autora de Cantares Gallegos, poderase visitar no vestíbulo da Biblioteca desde o 23 ata o próximo 28 de febreiro.
Lugar: vestíbulo da biblioteca.
Datas: do 23 ao 28 de febreiro
Horario: luns a venres de 8:30 a 20:30 e sábados de 10:00 a 14:00
Para conmemorar o día Internacional da LINGUA MATERNA, que se celebra anualmente o 21 de febreiro co obxectivo de impulsar a diversidade lingüistica e cultural e o multilingüismo. Foi establecido pola UNESCO
Datas: do 15 ao 22 de febreiro
Lugar: sala de préstamo
Horario: luns a venres de 8:30 a 20:30 horas. Sábados de 10 a 14
O 30 de xaneiro é o Dia da Ilustración, na sala infantil da biblioteca podes atopar unha selección de libros de ilustradores galegos