Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Novas escritoras hispanoamericanas

Décadas despois do Boom latinoamericano (monopolizado por homes), xorde unha xeración de escritoras que se abre paso con forza e decisión. 

Coincidindo coa celebración o 18 de outubro do Día das escritoras, a Biblioteca de Lugo realizou unha selección de obras de escritoras hispanoamericanas. 

Porque o novo boom escríbese en feminino.

 

Galego

Mario Camus

O día 18 deixábanos un dos grandes do cine español, autor de clásicos do noso cine como "Los santos inocentes" ou "La colmena".

Nesta mostra recollense algunhas das súas obras.

 

 

 

Galego

Aprobar, ¿Sabes cómo?

É un bo momento, agora ao principio do curso, para aprender a estudar. Ofrecemos axuda para organizar o tempo de estudo, para aprender a facer resumos ou mapas conceptuais, para coñecer algún “truco” para memorizar mellor ou para tomar os mellores apuntes. Ánimo!

Galego

Imos aprender idiomas

O 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas e un dos seús obxectivos é promover a aprendizaxe de linguas entre a cidadanía para fomentar o entendemento intercultural e lingüístico. A Biblioteca Pública de Lugo quere sumarse a esta celebración co noso centro de interese “Imos aprender idiomas”.

Galego

Feira do Libro en Viveiro

A cita de Viveiro é a decima parada do circuíto de Feiras do Libro de Galicia e a primeira que se celebra na provincia da Lugo. Esta nova edición, que conta co apoio da Xunta de Galicia, estará aberta ata o vindeiro luns 16 de agosto en horario de 12,00 a 14,00 horas e de 18,00 a 22,00 horas, agás fines de semana e festivos que adiará o seu peche pola mañá ata ás 14,30 horas.

10% de desconto en todos os libros

Galego

Día do Orgullo LGTBI

O 28 de xuño é o día do Orgullo! Inda segue sendo necesario loitar contra a intolerancia e en prol dos dereitos de tod@s.

Tedes a vosa disposición unha mostra bibliográfica con libros e películas con motivo dese día tan especial

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra