Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Xela Arias

Lugar: Vestíbulo

Este ano 2021, o día das Letras Galegas  dedicase a poeta e tradutora Xela Arias nacida en Sarria en 1962 e falecida en  Vigo o ano 2003. A Biblioteca Miguel González Garcés lembrará a súa figura cunha mostra bibliográfica das súas obras

Galego

O reto dunha feminista da súa época 1851-1921

O 12 de maio commemórase o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. Muller polifacética no eido das letras, o seu legado cultural abrangue todos os xéneros literarios: xornalismo, novela, ensaio, crítica literaria, teatro, tradución e outros. Foi tamén unha das precursoras na loita polos dereitos da muller en España. A Biblioteca réndelle unha homenaxe amosando unha ampla exposición da súa vasta obra literaria.

Galego

Galardoados co Premio Miguel de Cervantes

O 23 de abril, coincidindo coa data na que se conmemora a morte de Miguel de Cervantes, ten lugar, dende o ano 1976 no que foi constituído, a entrega do galardón literario máis importante en lingua castelá, o Premio Miguel de Cervantes, co que se distingue a obra global dun autor cuxa contribución ao patrimonio cultural hispánico se considera decisiva. A Biblioteca ofrecerá unha mostra que abrangue unha ampla e variada selección de obras dos escritores que recibiron esta distinción.

Datas: do 7 ao 30 de abril

Lugar: primeiro andar da biblioteca.

Galego

XXII Salón do Libro de Pontevedra 2021: Emerxencia literaria: libros para salvar o planeta

A concelleira de Cultura, Carme Fouces compareceu esta mañá para avanzar novidades da vindeira edición do Salón do Libro, que tiña previsto celebrarse entre o 5 e o 21 de marzo, e entre as que se atopan o cambio de datas e de escenario: terá lugar entre o 23 de abril e o 9 de maio e contará coa Illa do Covo como espazo a maiores dos habituais.

Galego

Feira sen Patrón no Círculo de Artesans 2020

Mercado de artesanía, arte e deseño, onde cada elemento é único. Este evento agrupa a máis dunha vintena de artesás e artistas local ao redor da autoproducción, orixinalidade, proximidade e calidade.

Este mercado comezou fai uns tres anos coa idea de agrupar as diferentes iniciativas de arte e artesanía da Coruña e a súa contorna nun espazo que lles dese visibilidade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra