Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concepción Arenal: unha feminista do século XIX

Mostra bibliográfica "Concepción Arenal: unha feminista do século XIX"

Con motivo do Día Internacional da Muller - 8 de marzo - este ano recordamos a Concepción Arenal (Ferrol, 1820-Vigo, 1893), diplomada en dereito, pensadora, xornalista, poeta, autora dramática e pioneira no feminismo español.

O 21 de xaneiro pasado conmemorouse o 200 aniversario do seu nacemento e a biblioteca quere homenaxeala cunha selección documental do noso fondo.

Datas: Do 1 ao 31 de marzo

Galego

VIII Feira de minerais

A sexta edición da Feira de Minerais de Santiago conta coa asistencia de máis de vinte expositores de varios puntos de Europa e Asia con minerais, xemas e fósiles de todo o mundo. A feira complétase tamén con diferentes talleres, unha caseta de libros temáticos, exposicións e charlas de especialistas.
+ INFO

Galego

O Entroido e a diversidade

Mostra bibliográfica infantil “O ENTROIDO E A DIVERSIDADE”

Nas festas de entroido todos podemos xogar a ser outro distinto, sen normas nin límites.

Desde a biblioteca infantil invitámoste a ir preparando o teu disfrace, e a mergullarte nunha selección de contos con protagonistas que se atreveron a ser eles mesmos, aínda que tivesen que ir contra corrente.

Datas: Do 1 ao 29 de febreiro

Lugar: Sala infantil/Xuvenil

Galego

O Rexurdimento e Rosalía de Castro

O Rexurdimento e Rosalía de Castro 

Celebramos o Día de Rosalía - 24 de febreiro - cunha mostra bibliográfica sobre o Rexurdimento. Un movemento que trazou o camiño para a recuperación literaria, cultural, política e histórica de Galicia e que se considera inaugurado en 1863, data de publicación de Cantares gallegos, obra escrita totalmente en galego por Rosalía de Castro.

Datas: Do 8 ao 29 de febreiro

Lugar: Vestíbulo da Biblioteca

Galego

XXI Xantar

Salón dedicado á gastronomía e ao turismo de Galicia no que se dan cita anualmente algúns dos mellores restauradores e empresas turísticas. Este evento, ineludible para os profesionais do sector, terá lugar desde o mércores 5 ao domingo 9 de Febreiro no Recinto Feiral de Ourense.

Galego

Mundo Nenos - IV Salón das Familias

O Recinto Feiral de Pontevedra acollerá a celebración da feira Mundo Nenos - IV Salón das Familias, evento onde os máis pequenos poderán deleitarse cun gran número de actividades didácticas, como contacontos, xogos didácticos, talleres, concursos..., á vez que os asistentes adultos visitan as casetas instaladas para a ocasión onde poderán coñecer as novidades relacionadas co sector da educación, o crecemento e o lecer infantil, ser asesorados por expertos profesionais e beneficiarse de descontos.

O horario do salón será de 16.30 a 20.30 horas.

Galego

Si Quero - VIII Salón de Eventos, Vodas e Grandes Celebracións

O salón contará, do mesmo xeito que en anos anteriores, coa presenza de numerosos expositores, máis de cincuenta, dedicados a sectores como a restauración, fotografía e vídeo, xoiería, decoración, barbería, axencias de viaxes, florerías, animación, modistas e xastres especialistas en traxes de noiva e festa e traxes de noivo, pastelerías, transportes..., etc. Casetas atendidas por expertos profesionais que asesorarán en primeira persoa a todas aquelas persoas que así o desexen.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra