Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cincuenta aniversario do Museo Provincial do Mar

O Museo Provincial do Mar de San Cibrao celebra este venres, 11 de outubro, o seu cincuenta aniversario. Unha efeméride serve de pretexto para dar inicio a un amplo programa cultural que se desenvolverá entre finais de 2019 e 2020, e que co que se pretende compartir coas institucións locais e colectivos sociais e culturais da Mariña un patrimonio común vencellado ao mar.

Galego

Ver, ler e gozar o Nadal

VER, LER E GOZAR O NADAL

Aínda non sabes que vas pedir nestas festas?. Achégate á Biblioteca onde preparamos unha selección de libros para axudarche a crear adornos ou descubrir novos pratos de cociña... 

E, para que a selección sexa o máis variada posible, incluímos contos, música, series de televisión e...   todo o que poderías pedir nestas festas ou, mellor, levar en préstamo da biblioteca para pasar un Nadal diferente.

Datas: do 2 de decembro ao 7 de xaneiro

Galego

Contos de Nadal

CONTOS DE NADAL, mostra bibliográfica infantil

Coma sempre, cando chegan estas datas, ofrecémosvos unha exposición de contos e libros infantís relacionados co Nadal.

Poderedes atopala ao fondo da Sala infantil desde o 27 de  novembro ata o 7 xaneiro.

Galego

Mercado de Nadal 2019

No Mercado de Nadal haberá postos de artesanía, doces, obxectos e agasallos para as festas, cunha representación moi ampla da artesanía local. Os comerciantes e artesáns rotarán en quendas. O Mercado tamén contará cunha área de actividades, o Espazo Creativo, pensado sobre todo para os máis pequenos, que tamén terán á súa disposición unha ludoteca aberta permanentemente, e o Espazo Festicult, con actuacións musicais, poesía, contos e humor.
Horario: 12h a 14h e de 17h a 21.30h

Galego

Os Medos

“OS MEDOS”, mostra bibliográfica

O medo é unha emoción que todos coñecemos ben e que ten a súa utilidade... cando está en equilibrio

Neste mes no oque celebramos o Samaín, na Sala Infantil temos unha exposición sobre medos infantís que reúne libros para asustarse e libros contra os medos.

Do 1 ao 30 de novembro. Sala Infantil

 

Galego

Mostra de productos

A Mostra de productos en Covelo é unha iniciativa que comezou coa intención de promover o negocio local. Co tempo xentes da periferia foron uníndose ata formar dela un mercado no que atopar todo tipo de cousas interesantes. Calquera pode vender nel, só fai falta chamar ao concello e pedir o permiso.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra