Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

IV Maker Faire Galicia

A Maker Faire volverá ao Museo Centro Gaiás do 23 ao 25 de novembro. Nas súas tres edicións anteriores, o encontro congregou arredor de 30.000 asistentes e medio milleiro de makers que expuxeron os seus proxectos.

Maker Faire Galicia concíbese como un evento para todos os públicos e disciplinas, como a robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, gastronomía, música, electrónica ou artesanía. Un espazo para compartir coñecemento, descubrir proxectos e facer contactos profesionais. 

Galego

Contos de Samaín

Chega o tempo do Samaín tamén á Sala Infantil

Unha invitación a ver os contos da estación do horror, cando os habitantes do máis alá veñen de visita.

Do 1 ao 30 de novembro. Sala Infantil-Xuvenil

Galego

YAMsession 2018

Santiago de Compostela é a sede da YAMsession 2018, un evento para coñecer o panorama da produción musical para público infantil e xuvenil, as novas correntes que se están a desenvolver a nivel europeo e para xerar oportunidades de colaboración entre programadores, produtores, artistas e profesores de música nacionais e internacionais. O encontro chega, con esta edición, por primeira vez a España. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra