Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Biblioteca feminista

Nesta mostra bibliográfica recollemos algunhas das obras que consideramos imprescindibles para comprender a historia e evolución do movemento feminsta, a súa situación actual e a necesidade cotiá de perseverar na súa loita.

Galego

XVIII Feira de Nadal

Os pequenos de entre 6 e 12 anos poderán participar unha vez máis no Galo Chef Infantil.
Na feira poderáse adquirir un galo ou galiña de Mos de Curral para este Nadal.
Ademais, durante a xornada poderánse degustar diferentes pratos elaborados co produto típico desa terra.

Galego

Feira do Capón de Vilalba

A partir das 10:00 horas o público poderá acceder a esta feira na que se entregarán os premios aos mellores criadores de capón de Vilalba.

A xornada estará amenizada por diferentes agrupacións musicais.

Tamén se poderán adquirir os produtos típicos da comarca, queixo San Simón da Costa e roscas, entre outros moitos.
 

Galego

Mercado de Antigüidades

Os primeiros domingos do mes celébrase o Mercado de Antigüidades, no mes de decembro celébrase a edición de Nadal.

Máis de 30 comerciantes da cidade ofrecerán os seus produtos. Ademais, a agrupación Queixumes Dos Pinos ofrecerá dúas actuacións musicais e haberá obradoiros e espectáculos para os máis pequenos.

Galego

Artenadal

O concello de Lugo acolle unha nova edición desta feira de artesanía que se celebra coa chegada do Nadal.
A feira está ubicada na praza Anxo Fernández Gómez, detrás do edificio do Concello.

Galego

Mercado da Estrela

Un ano máis os creadores galegos mostrarán o seu talento no Mercado da Estrela.

Poderás adquirir moda, complementos, ilustración, fotografía, deseño, decoración e moito máis. Ademais, poderás desfrutar de concertos de música electrónica, pop, rock, sesións DJ.

Tamén poderás participar en actividades sobre sostibilidade, obradoiros creativos, e moitas máis iniciativas dirixidas a maiores e pequenos.

Galego

Culturgal

Culturgal é a feira das industrias culturais galegas, que reúne aos diferentes actores de distintas industrias e ao público xeral cada ano en Pontevedra. Nos últimos anos, as cifras de visitantes estiveron nas 15.000 persoas, que se achegan ao Pazo da Cultura da cidade para descubrir as últimas novidades en música, libros, teatro ou cine galego, entre outros. Ademais dos stands dos diferentes participantes, os asistentes poden tamén acudir a conferencias, presentacións, mesas redondas ou concertos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra