Galicia Maker Faire
A Galicia Maker Faire é un evento pensado para tódolos públicos e disciplinas, que reúne cada ano na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, aos 'makers' máis innovadores. A gastronomía, a electrónica, a mecánica, a robótica, a música, a ciencia, a arte urbana ou a artesanía son algunhas das disciplinas que protagonizan o encontro, que intenta mostrar o traballo dos creadores máis innovadores e orixinais.